Ola familias!
Este sábado tivo lugar a nosa segunda excursión longa. Como xa sabedes, durante a semana hai certos días que facemos pequenas saídas nas que nos achegamos pola tarde ata poboacións veciñas, como Appledore, Instow, Barnstaple… Porén, os sábados facemos excursións que duran todo o día. Hoxe fomos a Exmouth, unha cidade ao sur de Devon que é bastante grande en comparación coas demáis vilas da rexión.
Debido a obras na vía do tren, tivemos que dividir en dous tramos o traxecto: primeiro collimos o bus e, despois, en tren ata o noso destino.
Exmouth é unha fermosa cidade costeira con varias atraccións turísticas. Actualmente, hai unha exposición de dinosauros pola cidade. Como é normal, lembrounos ao noso querido Dinoseto. En total, aquí había 33 dinosauros de distintas especies agochados polos principais espazos de Exmouth: parques, prazas, praias, árbores, etc. Nós non logramos atopalos todos, pero aínda fomos quen de ver uns poucos.
Unha nube gris ameazaba a nosa mañá pero, por sorte, só sufrimos cinco minutos de chuvia intensa e o resto do día tivemos un tempo soleado (aínda que algo ventoso ao lado da praia).
Antes de comer, fixemos un último esforzo, camiñamos polo paseo marítimo e subimos ata os acantilados que forman parte da Costa Xurásica, declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 2001. Estamos a falar dun total de 153 km de formacións rochosas, nas que se atopan fósiles que nos contan a historia do lugar remontándonos ata 185 millóns de anos atrás.
Aproveitamos as fermosísimas vistas para facer moitísimas fotos. Compartirei nesta entrada algunhas delas, pero lembrade que podedes acceder ao álbum completo na carpeta de Flickr de Newlink.
Logo diso, comimos o noso packed lunch e puxemos rumbo ao centro para xogar a unha Scavenger Hunt e conseguir tempo libre. Canto antes rematásemos o xogo, antes poderiamos gozar do noso tempo libre pola cidade. Aquí podedes ver ao grupo gañador, composto por Carla, Nerea e Julia. O seu premio foi unha bolsa de doces e unha hora e media de tempo libre.
A verdade é que tódolos grupos participaron de maneira activa e ofreceron respostas creativas. A proba consistía en sacarse selfies en distintos puntos da cidade. Aquí podedes ver ao segundo grupo en rematar, formado pos Aida, Vanja, Antía e Claudia.
Foi un día entretido no que seguimos descubrindo a rexión onde vivimos esta experiencia da que xa levamos gozando 10 días. Mañá toca descansar moito e facer plans coas nosas respectivas familias. A ver que nos teñen preparado! Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.
Deica mañá a todos!!