Bo día familias!
Como supoño que xa ben sabedes, onte tocounos visitar a capital de novo. Coma sempre, comezamos o día reuníndonos na estación de tren de Eastbourne as 8:30 da mañá, onde nos xuntamos tamén co outro grupo de Vigo. Despois de dous trens e un autobús (debido á folga do día anterior tivemos que cambiar o noso plan inicial), chegamos a Londres. O primeiro que fixemos foi coller o metro para ir a Camdem Town, alí os nosos estudantes desfrutaron dunha mañá de compras.
Despois de visitar a área decidimos volver ao centro, onde algúns dos nosos rapaces se dedicaron a facer turismo e outros a comprar recordos e agasallos para a familia.
Hoxe, porén, tocou volta á rutina e polo tanto volta ao St. Catherine’s. Despois de pasar a mañá cos seus buddies ingleses tocou ir comer un xeado ao porto de Eastbourne. Aínda así, non foi doado chegar ata alí, xa que hai unha ponte levadiza e cando chegamos estaba aberta, polo que tivemos que agardar a que baixara de novo:
Cando por fin baixou, sacamos a foto de rigor antes de que todos marcharan a polo seu xeado favorito.
Vémonos mañá familias!