Moi boas noites,
Cerramos un luns no Reino Unido, comezamos a rutina dunha nova semana no noso instituto, coñecendo cada vez máis os nosos novos compañeiros/as así coma os mestres/as.
Tras unha xornada de clases visitamos a catedral de Chester, onde realizamos unha actividade na que tiñamos que atopar as respostas a certas cuestións explorando a propia catedral. A historia da catedral remóntase o 1093, aínda que sufriu diversas restauracións para chegar o seu aspecto actual no que podemos disfrutar do estilo gótico, románico e normando.
Despois dunha visita cultural retornamos as nosas casas de acollida para cenar ben prontiño! O día de mañá vai ser máis tranquilo xa que imos coñecer o alcalde!
Despedimos outro día en Chester, ata mañá!