8 e 9 de outubro: Mens sana in corpore sano en Thurles

Para rematar a semana en Thurles seguimos a ter como máxima a tan coñecida mens sana in corpore sano, só que algunhas exercitamos a mens e outras o corpore 😉

As mozas do Coláiste Mhuire e os mozos do CBS volveron sacar a artista que levan dentro nas aulas de arts and crafts. Esta vez usaron a técnica do zentangle e non vexades a de cousas chulas que fixeron! Coa axuda dun espello debuxaron as súas siluetas… et voilá:

IMG_20151008_162231

IMG_20151009_171746

Algunhas mesmo probaron a tatuarse as mans. Tranquilas, nais e pais, que foi con boli!

IMG_20151009_163758

Mentres, no Presentation, as rapazas seguiron a poñerse en forma. O xoves disfrutaron no ximnasio, unha das súas actividades favoritas.

IMG-20151009-WA0010

E o venres… fútbol gaélico! A pesar de que en Galicia temos a nosa propia asociación e de que o noso equipo triunfa alá onde vai, temos que recoñecer que nós non somos unhas expertas no tema… polo de agora! A nosa adestradora deunos as nocións básicas e a práctica non se nos deu nada mal!

IMG-20151009-WA0032

Seguiremos a mellorar para vos sorprender ao chegar a Vigo!

Bicos, familias!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *