Eastbourne-Willingdon Days 3, 4 & 5

Hello there! 

Despois dun domingo de relax, no que as rapazas e rapaces estiveron coas súas host families —dous deles foron a Londres, outras a pasear o can familiar, e a maioría deron o seu primeiro paseo polo town centre—, co comezo dunha nova semana tocaba reencontarnos outra vez.

Calquera luns normal, as rapazas e rapaces estarían estrenando o uniforme. Porén, o pasamento da raíña de Inglaterra fixo que houbese un cambio de plans de última hora. Cousas de acontecementos históricos and what not. Así, ás 8.30 viámonos de novo no High School, pero para subir ao bus que nos levaría até a zona de Seven SistersSecasí, o traxecto tiña unha primeira parada, que faría do día unha experiencia aínda mellor. Aínda no termo de Eastbourne, chegamos á St. Catherine’s School, onde recollimos a outro grupo de rapazas e rapaces de Vigo. Xuntos xa no autobús, puxemos rumbo cara aos cantís. 

Con Emilia, a local guide, á cabeza, as 50 rapazas e rapaces camiñaron pola beira do río Cuckmere, que na súa desembocadura ía dar á praia de Cuckmere Haven. Un lugar que, como a meirande parte das praias do Reino Unido, ten pequenas rochas no canto de area, atopándose encaixado entre cantís que recortan fronte ao horizonte formas extremadamente verticais. Porén, a parte superior xa a exploraremos nos vindeiros días. Neste día de bank holiday, quedamos todas e todos ao lado do mar, onde comimos un rápido snack. Despois, xunto con Zoë (a coordinadora local), collimos cada un e unha de nós unha pedra e, enchoupándoa dos nosos mellores desexos para esta estadía, lanzámola ao mar. Acto seguido, volvimos ao bus, que nos levaría polo camiño até a seguinte parada do día. Un camiño amenizado pola banda sonora que foron escollendo entre todos e todas. De seguro que, cando xa nos toque marchar, a british people que nos acompaña terá aprendido mínimo algunha canción en español. 

Ás 13.00 paramos en Peacehaven para o lunch time. Ademáis das packed lunches, as rapazas e rapazas probaron as chips británicas. Agardamos que tamén poidan probar a parte do fish ao longo destas semanas. Así, e como, sorprendentemente, ao final fixo moi bo tempo, desfrutamos todas e todos dun agradábel picnic baixo o sol e xusto ao lado do mar.

Desfrutando das súas caixiñas de chips

Eastbourne-WillingdonSet21

Após esta pequena parada no camiño, continuamos até Brighton. Porén, desta vez, o destino era o Brighton Footgolf. Neste campo, as rapazas e rapaces dividíronse en grupos de 5 e 6 persoas para xogar a unha mistura entre fútbol e golf. É dicir, que equipados cunha pelota de fútbol, tiñan que conseguir metela en cada un dos buratos mediante lanzamentos co pé. O obxectivo: ter que facer os menos lanzamentos posíbeis, que irían anotando nunha folla de puntos. Para o toque inicial, cada integrante podía escoller entre unha marca branca ou unha vermella, en función da dificuldade que quixesen. 

Sobre as 17.30, e tras probar sorte nos nove buracos do campo, rematamos no Footgolf. Como premio, un pequeno chocolate, e de volta ao bus para marcharmos de novo a Eastbourne, onde agardaban por nós para cear. Despois da dinner, e sempre en grupo, algunhas e algúns estudantes saíron a dar a última volta do día, antes de volver para preparar o que estaba por chegar.

Porque martes era o primeiro gran día no colexio. Tocaba madrugar e, lucindo por fin os seus particulares uniformes, as rapazas e os rapaces foron chegando ao Willingdon Community School ao redor das 8.15. Alí agardaba por nós o persoal do colexio, que lle proporcionaría ao grupo toda a información necesaria para a súa estadía. Pero o momento importante chegou coa asignación dos buddies. É dicir, rapaces e rapazas do colexio que se encargarán de guiar e axudar ás e aos estudantes de Vigo. Unha vez estivo cada pardal co seu igual, a elas e eles tocáballes seguir o horario e as materias da buddy de referencia. Science, drama, business, music, ethics… Pausa ás 12.30 para estrear a cafetería do High School, e de novo aulas até as 14.10, que foi cando finalizou este first day.

Eastbourne-WillingdonSet21

Á saída agardaba por nós Laora para levarnos até o bus que nos deixaría no centro de Eastbourne, onde as rapazas e rapaces desfrutaron de tempo libre —o tour pola cidade terémolo máis adiante— até ás 17.00. Hora na que, en grupos e nun bus urbano cuxas liñas xa comezan a controlar á perfección, foron volvendo ás súas casas para cear coas host families

Remata así a crónica destes tres últimos días, adiantando que esta tarde temos previsto ir á boleira. Quen pensades que vai gañar?

Let’s keep in touch, 

Eva and Cecilia

avatar

Cecilia Doforno Nóvoa

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *