2 de outubro. Bowling!!!

Aquí estamos un día máis e comezando a que será a nosa derradeira semana  na Winterhill School. Tal e coma vos contamos o outro día, os rapaces non queren nin oir falar de despedidas. Pero é inevitable que o tempo corra e en pouco máis dunha semana poderan volver a disfrutar de súas casas e de súa vida en Vigo.

Mentras tanto, contámosvos que a actividade prevista para o día 2, foi asistir a xogar aos bolos á saída da escola. Tras baixarnos do tranvía, e para aproveitar o tempo libre, a maioría dos rapaces dirixíronse a un restaurante de comida rápida para repoñer forzas despois da escola. Alí, non puideron resistir meterse no parque infantil  (habilitado para nenos pequenos que visitan o local) e disfrutar dos tobogáns e as colchonetas. E aínda que algúns deles parezan xa mulleres e homes feitos e dereitos, o certo é que o pasaron coma nenos pequenos. Atestiguamos o momento cunhas cantas  fotografías.

Jaime, Agus, Maria e Pablo no parque infantil

Coma rapaces pequenos

E logo de pasalo en grande no parque infantil, continuamos coa festa na bolera. Alí repartímonos por grupos para botar unha partida que estivo bastante emocionante. Yago estivo a piques de abrazar o triunfo pero ó final foi Guillermo o que arrasou cos marcadores.

Jaime, Yago, Elisa e Jaime na boleraA ver se saco un plenoOs puntuadores máximos de cada equipoFoto de grupo...Falta Aurel e ademáis prometemos que Martín está vivo!!En xeral, foi unha tarde moi divertida. E como podedes ver, acabaron tan cansados da partida, que tiñamos a Martín case durmindo no chan! Ao acabar dirixímonos a Sheffield para poder regresar con nosas familias. Ao día seguinte esperábanos a excursión a “Blue John Mines”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *