3.10, Prestatyn, “Sue from the zoo”

Bo día! Que tal?

Por aquí, a mércores, xa imos vendo o final cada vez máis cerca e toca aproveitar estes últimos días en Prestatyn e Rhyl ao máximo! A actividade de onte foi especialmente “peculiar” e hai que dicir que, se ben houbo estudiantes que a desfrutaron, outros non o fixeron tanto! Agora vos explicamos:

Logo dunha mañá de clases, dirixímonos aos Botanical Gardens de Rhyl onde nos esperaba Sue, unha muller que traballou no zoo durante moitos anos e tiña moito que nos contar sobre animais. Comezou a actividade preguntando aos rapaces e rapazas sobre as súas mascotas para, seguidamente, falar ela das súas. Se os estudantes galegos tiñan cans, gatos, tartarugas ou peixes, Sue esta acompañada por criaturas ben distintas, e puidemos coñecer algunhas delas! Iso si, antes de ensinar nada, preguntou que animais nos daban medo porque a actividade quería sorprender aos rapaces pero nunca facerlles pasar medo.

En primeiro lugar, vimos un dos bichos pau que coida. Tamén nos ensinou un caracol ben grande, así como un par de cucarachas. Podemos dividir as reaccións dos alumnos en dous grupos: os que non dubidaban en coller os bichos, tocalos e sacarlles fotos e os que non querían saber nada deles. Como pode alguén ter unha cucaracha na casa!, debían de pensar. Sen embargo, o peor para eles aínda estaba por chegar: o animal estrela que Sue trouxo para nos ensinar era nen máis nen menos que unha tarántula! Neste punto, algúns dos rapaces preferiron non  ver o que viña a continuación, e mellor! Menuda araña garda Sue na súa casa! Incrible!

Logo do que podemos chamar unha “minivisita” ao zoo, Sue e os rapaces conversaron sobre o importante que é tratar ben aos animais e ás mascotas, e puidemos escoitar varias anécdotas divertidas que lle pasaron ao longo de tantos anos de coidar animais “estraños” na casa. Aínda que esta non era unha actividade para todo o mundo, non se pode dicir que sexa algo que se faga todos os días!

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *