11 y 12 diciembre – Samba, photoshop, deportes… loucura en Exeter!!

   EXETER

Achéganse os últimos días da semana no medio de novas actividades preparadas especialmente para nós… somos moi sortud@s!!

O xoves unha das profesoras de música do West Exe School, Miss Taylor, agasallounos cunha sesión práctica de… Samba!! Non pensedes mal… non fixemos de bailaríns sandunguer@s, senón de músicos! Entre maracas, agogôs, tambores e un montón de instrumentos máis pasamos unha mañá do máis divertido! Ao principio aquilo soaba como para deixar xordo a calquera, para que vos imos mentir… pero acabamos sendo máis que profesionais!

CIMG2149_opt

Mais isto non acababa aquí… o venres Mr Tyrer preparounos unha clase de fotografía! Acendemos os nosos ordenadores e alí apareceron unha chea de fotos nosas na escola! O primeiro paso foi velas todas para escoller a nosa favorita. E despois? Aprendemos a usar o photoshop para crear con elas bonitas postais. O espírito de Nadal inglés chega a todas partes 🙂

DSCN1027_opt DSCN1026_opt

E estaredes a pensar… polas tardes que? Pois como @s grandísimos deportistas que somos volvemos amosar as nosas dotes. Desta vez tocáronnos baloncesto e balonmán, aínda que tamén quedou tempo para volver xogar ao balón prisioneiro… como nos gusta!!

DSCN1038_opt

DSCN1062_opt

Un saúdo, familias!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *