Venres 12, Harrods

Eltham

Boas noites familias viguesas,

Hoxe acabou a semana e tamén acabou a escola. Foi un dia triste posto que vosas fillas houberon de despedirse de súas amigas inglesas. Algunhas non poideron evitar emocionarse, e incluso chorar coa pena, pero afortunadamente conservan esperanzas de atoparse nun futuro. Ademais, o uso das tecnoloxías e as redes sociais facilitará que poidan seguir mantendo contacto. Aínda así, o martes se o desexan, poderán dicirse adeus en condicións  na festa de despedida, posto que poden invitar a amigas da escola.

IMG_0275

IMG-20141212-WA0026

IMG-20141212-WA0028

IMG_0278

Pola tarde, fomos ós almacéns de Harrods, moi coñecidos por vender productos de alta gama, pola súa decoración navideña e por pertencer á última parella da princesa Diana de Gales. A pesares de que Harrods vende productos non asequibles a tódolos bolsillos, o certo é que alcanza case a ser unha atracción turística, polo que é moi común atopar dentro xente moi diversa. As rapazas tiveron tempo para dar unha volta por estos almacéns e curiosear, pero sen pasarse  porque mañá temos prevista a esperadísima visita a Camden Market. Esperemos que non arrasen con todo. Mañá xa vos  contamos se deixaron algo para os demais.

Un saúdo das monitoras

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *