WONDFORD 23/09/2017 – DARTMOOR E PLYMOUTH

Bos días familia!!

Xa estamos aquí de novo para contarvos as nosas aventuras do fin de semana. A verdade e que non nos libramos de madrugar nin os sábados… Esperamos que as nosas familias nos deixen durmir o Domingo (por favor!!!)

Fomos en bus ata Dartmoor, un parque nacional natural, pero perfectamente poderíamos dicir que estabamos en Galicia xa que na pequena ruta que fixemos, estabamos rodeados de toxos e fentos, cabalos, vacas… Ademais escalamos unha roca xigante, dende onde tiñamos unhas vistas fantásticas

grupo

Tras unhas horas de gozo na natureza, viaxamos ata Plymouth e disfrutamos do primeiro día soleado aquí. Vimos un montón de cousas e paseamos pola cidade, tomando o noso packlunch nun sitio ESPECTACULAR

faro

Xa de tarde, tivemos tempo libre para facer as primeiras compras da viaxe polo centro da cidade, onde había un centro comercial moi grande “typical britsh”

Finalmente, volta para Exmouth e a disfrutar do solazo cXs compañeirXs. O domingo non escribiremos blog xa que cada un de nós fará algo diferente.

Recordámosvos que podedes comentar no blog e ver TODAS as nosas fotos no seguinte enlace: https://www.flickr.com/photos/newlink/collections/72157689320060475/

Unha aperta moi grande a todXs!!!

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *