WONDFORD 22/09/2017 – WE LOVE EXETER

Bos días familia!!

Xa é venres, derradeiro día da semana. Madrugamos coma tódolos días para ir a clase, e despois dun longo camiño en bus chegamos a nosa acolledora escola. A verdade é que pouco a pouco ímonos acostumando a outro tipo de escola á que esperabamos, mirade as nosas caras de felicidade pola mañá…

cole

Xa rematada a escola puxemos camiño a Exmouth center, onde tiñamos una degustación da comida típica de aquí.. Adivinades cal é?

FISH AND CHIPS

Despois dunha hora de comer todo o noso packlunch, tivemos que facer un oco para meter este tremendo prato de pescado con patacas e guisantes…comidaAsí como entraban os pratos no comedor, todXs chamamos as nosas host-families para que non nos cociñaran cea, porque non podíamos comer máis… Cando rematamos entrounos moitísima modorra, necesitabamos unha sesta pero aquí non entenden diso jaja.

comida-dos

Un pouquiño de tempo libre pola cidade, e volta para casa que temos que descansar!

MOITAS GRAZAS por lernos e recordade que esperamos os vosos comentarios 🙂

UN BICO familia

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *