SOUTHWOLD, ST FELIX- 9/10 10/10 Rutina e, cambios?

Ola familias!

Temos que recoñecer que o comezo desta semana fíxose un pouco custa arriba, estabamos todas mortas de Londres o día anterior…

Comezamos o luns coas nosas leccións e baixando da nube que foi estar na capital. Pero hai cousas que sempre nos alegran e axudan a pasar o día: os cotilleos no comedor jeje.

Unha das monis (Lara) pillada nos cotilleos da cea

Ademais o luns pola noite tiñamos deporte sorpresa e adiviñade cal foi. Balonmano!!! Xa podedes imaxinar a Sofía, Mario, Gonzalo… Na súa salsa. Xogamos en catro equipos e houbo algunhas palizas por aí 😬😬😬

MARTES

O martes foi un día normal de clase e logo pola tarde tocaron as actividades correspondientes: squash, prep e scrabble.

O mellor deste día foron os cambios, mañá habería talent show e terían esa noite para preparalo. Ademáis habería un premio para toda a xente que participase!!! E o premio ía ser mooooi guai. Outro cambio que houbo foi que o día seguinte terían actividade na cidade, unha treasure hunt (xa estabamos desexando volver a ver a praia e o pobo 🥳)

Pola noite estiveron preparando bailes, cancións, maxia e de todo! Vémonos no blog do venres e contámosvos como foi o concurso, chan chan chan!🥁🥁🥁

Chao familias!!!! Agárdanos unha semana guai!!!

Unha aperta,

Lara e Belén

🧡🧡🧡

avatar

Lara Alvarez Alvarez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *