SOUTHWOLD ST FELIX- 4/10 5/10 Rutina, deporte e diversión

Ola familias!! ❤️❤️

Seguimos coa nosa rutina no mércores. Como xa sabedes os almorzos non teñen queixa: dende beans típicamente inglesas, ovos fritidos e bacon a uns cereais con leite de toda a vida.
Hoxe tiveron moitas diversas clases e na pausa para comer tivemos, coma sempre, comida riquísima. Imos saír de aquí mal acostumadas 🤭

No remate de aulas tocaba a activity in school, que hoxe tiñan para escoller entre rugby skills, walking club, boys football e prep.

Como era de agardar case todos os rapaces foron a fútbol e, adiviñade que? Gañaroooon!!! Primeiro partido gañado, o novo Celta de Vigo está en Southwold. ⚽️⚽️⚽️⚽️🥳🥳

Un dos corners destes cracks

 

En rugby skills non “xogaron” un partido en serio, e menos mal porque… mirade que é difícil de entender.

izan marcando o quase o único punto do partido

E en walking club foi Breixo a probar e uf, por estar chegando tarde á actividade, pasou a ser máis ben running club.

Despois do tempo libre na cea tocou o mellor: a leituga!!! Con todas as comidas nos poñen un buffet libre de ensalada e xurámovolo, non sabedes o rica que está esta leituga! Aínda que Sergio nos chame tartarugas, Carla, Laura e ata unha das monitoras (Lara) non podemos vivir sen ela jeje. 🐇🐢

sapoconcho número un

Logo xogamos a algúns xogos e a durmir, que mañá tocaba gran día.

XOVES

Hoxe hai día de foto escolar!!! Nesta escola só se saca foto cando ven algunha profesora nova ou como foi este caso: hai cambio de head master (director). Mr Oakman é o novo director e é o que nos está a tratar xenial.

Ás 11 todo o colexio reuníase (que son 300 persoas máis ou menos) e sacaban a foto oficial co maior despliegue de medios eh. E nós non iamos ser menos! Aínda que non podiamos saír nesa foto, decidimos facer a nosa propia orla! Menudo grupo de xente guapa temos eh, parecían modelos na súa foto individual. Non podemos ensinala de momento, que é sorpresa, pero deixamos un pequeno adianto jeje

Despois do lunch tiveron games, que consistiu en xogar a diferentes deportes dende rugby e fútbol ata badminton e squash.

  1. Aquí é onde comeza o divertido, as rapazas puideron xogar ó futbol e ,sumado coa activity in school que tiveron despois e que tamén era girls football, estiveron xogando máis de catro horas!!!! Tanto xogaron que ata deu tempo que nos últimos minutos uníranse as monitoras 😬

a equipa gañadora celebrando coa súa monitora Belén

Foi totalmente día de rapazasssss!

Outra das actividades na escola foi xadrez, tivemos oito cocos estruxándose con xogadas pero esta vez mentais.

Logo entre tempo libre e tempo libre sempre atopan tempo de divertirse e facer trastadas por aí.

no tempo de deberes… as veces hai que botarlle imaxinación

a nena do exorcista ou, coma a chamamos aquí, Aroa

E, coma sempre dicimos

Pis, pixama, dentes e para cama!!

Moitas grazas familias!!!
Vémonos ❤️‍🩹

Lara e Belén.

 

avatar

Lara Alvarez Alvarez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *