Sábado en Oxford

ELTHAM

Boas noites familias,

Onte madrugamos para coller o bus que nos estaba esperando para ir a Oxford. Despois de duas horas e media de viaxe que moitas nenas aproveitaron para durmir, chegamos ao noso destino. A cidade de Oxford é moi coñecida pola sua universidade, a máis antiga do mundo anglófono.

Nada mais chegar, paramos para recargar pilas. As rapazas pediron un café para levar. Despois de dez días parece que estamos asimilando completamente o estilo de vida británico.

IMG_20141207_203258

A nosa primeira parada foi o Christ Church College, emplazamento composto por catedral, facultade e residencia universitaria. Tamén é moi coñecido por ser o lugar elixido para grabar peliculas como Alicía en El País de Las Maravillas, La Brújula Dorada ou Harry Potter. Alí vivimos algunhas situaciones divertidas, como que unhas turistas orientais quixeron sacarse fotos connosco coma se fósemos parte da atracción turística.

IMG_20141207_223028

IMG_0058

IMG_0074-1

IMG_0086

Unha vez no centro da cidade tivemos tempo libre para explorar. Algunhas rapazas encontraron o emplazamento doutras facultades, e aprobeitaron para sacarse fotos cos escudos de cada casa.

Aínda que o camiño a casa se nos fixo largo, o domingo tivemos tempo para descansar cas familias ou quedar no centro de Eltham.

Esperando a que comece unha nova semana, despedimonos.

As monitoras

2 pensamientos en “Sábado en Oxford

  1. Me dais envida sana, cuantas visitas interesantes estais haciendo. La verdad que las niñas tuvieron mucha suerte de que les tocara una localidad tan cerquita de Londres.
    Saludos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *