PRESTATYN 23/09 – Chegada ao destino

 

Bos días a todas e todos:

Sobrevivimos á xornada de viaxe de onte. Non vos negaremos que estabamos un pouco adormilados no primeiro voo, pero xa logo nos fomos poñendo ao día e cos nervios era imposible dormirse.

Algúns puxéronse a escoitar música, outros a preparar exercicios que lles deixaron os profes de Vigo (qué rapaciños máis aplicados tedes) e incluso algúns foron previsores e trouxeron xogos de mesa para divertirse durante a espera.

Como estabamos cos do grupo de Flintshire, tras subir no bus de Mánchester con destino aos nosos pobos xa nos separamos e aínda que con pena, sabemos que os sábados pasaremos o día xuntos de novo recorrendo novos lugares. Na viaxe aproveitamos para cantar todos xuntos cancións en inglés para ir demostrando que o temos máis que controlado. Que si a banda sonora de Mamma Mia, que si a versión en inglés de Despacito con Justin Bieber…

E ademais, cal foi a nosa sorpresa cando de camiño tivemos que parar o bus para que centos de vacas cruzaran a estrada… Nunca tantas xuntas viramos. Foi canto menos curioso.

Tras a chegada a Prestatyn, coñecemos ás monitoras locais que nos axudarán a integrarnos o mellor posible na nosa nova vida durante estas tres próximas semanas. Elas serán as que acompañen aos vosos nenos e nenas ao insti e ás actividades e son encantadoras.

Tamén comezaron a vir as familias a recollelos e aproveitaron a tarde noite para establecer un primeiro contacto. Estou segura de que o pasarán xenial e poderán compartir con nós milleiros de anécdotas.

Agora mesmo están todos en clase e chegaron ao destino sen problema posto que tanto as familias como as monitoras se encargaron de acompañalos no seu primeiro día.

Mañá xa virei con máis novedades e se queredes recordade que iremos subindo algunha fotiño polo instagram @zaida.newlink, sobre todo durante as excursións do fin de semana.

See you!

 

 

avatar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *