Prestatyn 13/10 – Volta a casa

Good morning, families!

 

Xa de volta cos vosos fillos e eu incluso botándoos de menos… Quen mo ía dicir! Aproveito esta entrada para darvos as grazas por seguir a nosa aventura e por deixar nas miñas mans a estes raparigos tan encantadores aos que pronto se lles colle cariño.

Espero que tamén eles se queden cun bo recordo de min e que lles fixera máis amena a experiencia.

Despídome cunha foto dos dous grupos que viaxamos xuntos (vaia traxecto de volta máis movidiño). Pero como vedes, sempre sacamos tempo para rirnos un pouco e entre bágoa e bágoa por deixar atrás Prestatyn, recordamos os bos momentos que pasamos xuntos.

 

PRESTATYN 12/10 – Trip to Chester

Good morning, families!

O sábado tocou a nosa última viaxe desta experiencia e tocou… CHESTER!

Pero aquí os rapaciños tiñan celos do outro grupo que nos acompañou, os de Flintshire, e solicitáronlle ás monitoras organizar tamén para eles unha paradiña nunha pista de patinaxe sobre xeo! Risas aseguradas, como vos poderedes imaxinar. Houbo bastantes caidas pero algúns mostráronnos os dotes ocultos desta especialidade e deixáronos abraiados. Aquí vedes unhas poucas fotiños como mostra:

Despois de isto, pasamos á visita da cidade. Que fermosura… Eses edificios, o reloxo no centro da rúa principal, o anfiteatro, os inmensos xardíns, baños romanos… Quedamos marabillados pola beleza de Chester.

E para rematar o día, todos hacia Prestatyn a cumplir coa lacrimosa despedida dos amigos que fixeron durante a experiencia. Choros e máis choros que nos fixeron perder buses, intentar exprimir o momento ata o último segundo e incluso pensar en fugarse para non ter que coller o avión ao día seguinte. Así que queda demostrado que a viaxe será inolvidable e que estes raparigos xa están desexando voltar a esta cidade, algúns incluso a estudar o próximo curso. Quen sabe…

See you!

 

PRESTATYN 11/10- Despedida do instituto

Good morning, families!

Se tivera  que describir o día de onte con unha soa palabra sería EMOCIÓN.

Para moitos dos vosos fillos onte foi un día un tanto agridulce. Por un lado, a felicidade de ser venres e que isto signifique FIN DAS CLASES. Pero por outro, significa deixar atrás un montón de novos amigos e amigas que seguramente tarden moito en volver a ver. Eso sí, xa vos informo que fixeron moitos plans de reencontros e as invitacións a Vigo abundan (ide facendo sitio).

Durante as clases, moitos estaban tristes e chorando pola despedida; outros radiantes aproveitando ata o último segundo cos seus compañeiros. Intercambiáronse cartas preciosas que demostran as grandes amizades que se crearon e isto é o máis satisfactorio sen dúbida do programa.

Como non querían despegarse, tras as clases foron á bolera e terminaron o día coméndose unhas boas pizzas todos xuntos no Domino’s. E como non podía ser doutra forma, invitáronos a pasar con eles o último día da viaxe en Chester.

Déixovos por aquí as fotiños que me foron mandando os vosos rapaces, non teñen desperdicio.

See you!

Prestatyn 10/10 – Laser Tag Fight

Good afternoon, families!

Onte os rapaces e rapazas disfrutaron dunha das actividades máis esperadas: LÁSER TAG.

Ademais, para a ocasión acompañáronos os seus novos amigos de Prestatyn e pasaron unha tarde moi guerreira. Tanto, que nin fotos sacaron jaja.

Deixáronnos só dúas instantáneas que saben a pouco, pero eso tamén é boa sinal de que o están a pasar xenial exprimindo cada momento da viaxe.

See you!

 

Prestatyn 9/10 – Robotics!

Good evening families!

Outro día máis e acercándose a data do fin…

Hoxe os rapaces e rapazas disfrutaron dun día creando os seus propios robots. Son uns máquinas… Construiron os diseños con lego e déronlle vida a través dos Ipads. E o resultado foi impresionante.

Como estou algo maliña, non puiden atender moito ás anécdotas dos vosos fillos e fillas. Espero que me perdoedes por este curto resumo do día, pero como compensación deixovos as fotiños que me foron enviando.

 

See you!

 

Prestatyn 8/10 – Mayor’s Visit

Good evening, families!

Hoxe o grupo recibiu unha visita moi especial no instituto: o alcalde de Prestatyn, Cllr Tony Flynn.

Os rapaces e rapazas aproveitaron o momento para facerlle milleiros de preguntas acerca da cidade que os está acollendo estes días e, por suposto, venderlle ben Vigo como un bo destino para as súas próximas vacacións.

O alcalde quedou abraiado cos regaliños que lle deron de parte de Abel Caballero e ademais amosáronlle un fermoso video das Illas Cíes que lle encantou. De feito, todos os buddies presentes solicitáronlle facer un programa coma este á inversa, pero sentíndoo moito tiveron que quedarse coa negativa posto que os fondos di que non son suficientes.

Somos uns afortunados de poder vivir esta experiencia, así que a disfrutar o último tramo da viaxe.

Aquí vos deixo unhas fotiños do encontro que espero que vos gusten.

PRESTATYN 7/10 – Cooking experts!

Good evening!

Entramos xa hoxe na nosa derradeira semana por terras galesas. Cando xa nos imos habituando a todo o cambio, xa parece que todo se acaba. Pero aproveitaremos ata o último segundo desta experiencia.

Hoxe os estudantes fixeron unha presentación de Vigo durante a clase de español para acercar aos seus compañeiros un pouco á súa cidade natal. Ensináronlles pratos típicos, lugares emblemáticos e como non, amosáronlles as fermosas illas Cíes coas que quedaron abraiados. Aos estudantes de Prestatyn encantoulles aprender un pouco máis da vida viguesa e xa teñen pensado falar co alcalde mañá (que nos fará unha visitiña no centro) para convencelo de ir visitar Vigo.

En canto á actividade da tarde, por petición popular volvéronse a poñer máns á masa porque tocou… COOKING. E esta vez as rapazas e rapaces convertíronse en chefs expertos en pizzas. Que dominio dos ingredientes… E sobre todo un gran paladar para catalas. Aquí vos deixo unhas fotiños cos mellores momentos do día. Espero que vos gusten.

 

See you!

Prestatyn 5/10 – Liverpool Trip

Good evening, families!

Veño de novo por aquí para poñervos un pouco ao día de todo o que fixemos onte. A verdade, Liverpool era un dos viaxes máis esperados e sen dúbida cumpriu as nosas expectativas.

Tras recoller ao grupo de Flintshire comezamos o noso trip. Ademais, varios dos Buddies dos rapaces acompañáronnos na visita, así que tivemos moita sorte de telos como guias.

A primeira das paradas foi o Royal Albert Dock, onde se atopa a famosa Wheel  ou noria (dende a que os rapaces disfrutaron das vistas a toda a cidade) e tamén a maior parte dos museos importantes de Liverpool. Por exemplo: The Beatles Story, que contén unha das máis extensas mostras do grupo; o Tate museum onde se poden contemplar entre outras moitas obras, as pinturas do famoso artista do Pop Art Roy Lichtenstein; así como tamén o Merseyside Maritime Museum que che permite voltar ao pasado de Liverpool e comprender un pouco mellor a súa historia.

 

Despois, fomos directos á zona de ocio e tendas para ter un pouco de tempo libre e aproveitar para xantar. Liverpool One é un laberinto de tendas e restaurantes ante o que os rapaces e rapazas quedaron abraiados. Tendo en conta que estas dúas semanas viviron nun pobo bastante pequeno, volvéronse tolos coas compras jaja.

Finalmente, os máis exploradores colleron mapa en man e botáronse a recorrer a cidade para atopar aqueles sitios de maior interese da cidade como o famoso clube no que actuaban os Beatles, The Cavern, ou por suposto a magnífica catedral que preside Liverpool e mesmo a entrada a Chinatown. Outros apenáronse de non poder visitar Anfield, o estadio do Liverpool, pero xusto era día de partido e a multitude de xente que se iba agolpar no lugar non nolo permitía. Outra vez será.

Como vedes, pasámolo xenial e incluso houbo tempo a poñer unha muiñeira para dar mostra do folclore galego e cantar unhas cantas cancións de volta a casa. Eso sí, algún que outro quedouse dormidiño e tivemos que amantalo coa nosa bandeira.

See you!

 

PRESTATYN 3/10 – Do you fancy a cup of coffee?

Good morning, everyone!

 

O mal tempo xa voltou a Prestatyn, non fose a ser que nos acostumaramos ao soliño. Pero non pasa nada, todo se soluciona cun bo abrigo e ganas de coñecer máis sitios.

 

Esta vez foi o resto do grupo a facer unha visitiña a lugares de interés locais como o Rhuddlan Local Nature Reserve e o longo paseo que une nada máis e nada menos tres praias, o que fai un total de cinco millas de area que conectan varios pobos da costa. Podedes ver a Antía, Pablo, Lucía, Pilar, Alba, Nico e Alexia disfrutar xuntiños da mini viaxe nas seguintes fotos.

 

Mentres tanto na escola, Alberto recibiu a felicitación por parte da súa profesora de bioloxía que se quedou moi sorprendida cando o estudante resolveu de forma lóxica un dos experimentos que planteou na clase. Foi o único do grupo que o fixo e por iso lle agradeceu a Alberto a súa participación e alabou aos alumnos galegos polos seus coñecementos.

Unha vez fóra do insti, os rapaces e rapazas reuníronse de novo no Café Tesco para tomar uns bos chocolates quentiños, que como digo con este tempo veñen bastante ben. Ademais, como non, aproveitan para poñerse ao día das súas aventuras e por suposto subir algunha que outra foto no insta para alardear da sorte que teñen por disfrutar destes días en UK. Déixovos unhas fotos do momento e despídome polo día de hoxe.

See you!

 

PRESTATYN 2/10 – Creando películas de LEGO

Good evening families!

Hoxe saiu por fin o sol en Prestatyn! Que gustiño! E para celebrar o bo tempo, un grupo de nenas e nenos foron hoxe de mini excursión durante as dúas primeiras horas de clase. Mañá farano o resto que quedaron. Neste caso os elexidos foron Jana, Carlota, Candela, Alberto e os dous Martín do grupo. Visitaron un mirador que estaba cerquiña do insti, foron ver un monumento local e tamén deron un paseíño pola praia.

Nin tan mal, non?

Despois das clases, os rapaces fóronse a Rhyl, un pobo pegadiño a Prestatyn onde os esperaba unha actividade da que saíron encantados, incluso lles soubo a pouco. Nada máis e nada menos que crear animacións con LEGO e facer o seu propio corto. Situáronse por parellas e crearon auténticas xoias. Déixovos aquí unhas fotiños do proceso para que vexades o ben que o pasaron e despídome polo día de hoxe.

See you!