PRESTATYN 2/10 – Creando películas de LEGO

Good evening families!

Hoxe saiu por fin o sol en Prestatyn! Que gustiño! E para celebrar o bo tempo, un grupo de nenas e nenos foron hoxe de mini excursión durante as dúas primeiras horas de clase. Mañá farano o resto que quedaron. Neste caso os elexidos foron Jana, Carlota, Candela, Alberto e os dous Martín do grupo. Visitaron un mirador que estaba cerquiña do insti, foron ver un monumento local e tamén deron un paseíño pola praia.

Nin tan mal, non?

Despois das clases, os rapaces fóronse a Rhyl, un pobo pegadiño a Prestatyn onde os esperaba unha actividade da que saíron encantados, incluso lles soubo a pouco. Nada máis e nada menos que crear animacións con LEGO e facer o seu propio corto. Situáronse por parellas e crearon auténticas xoias. Déixovos aquí unhas fotiños do proceso para que vexades o ben que o pasaron e despídome polo día de hoxe.

See you!

avatar

2 pensamientos en “PRESTATYN 2/10 – Creando películas de LEGO

    • Pois chovendo moito, incluso algúns días esto parecía o diluvio! Pero bueno, tampouco durou moito Lorenzo que xa se nublou de novo todo. É o que hai, pero esto non nos para 🙂

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *