ORMISTON 31/10, 1/11- BACK TO THE ACADEMY, ROUNDERS AND BOARD GAMES

Bo día familias!!

O domingo a rapazada tivo día libre e… algúns fixeron unha locura. Aquí adxuntamos unha foto.

Álex, Breo e Isma rapadísimos

E antonte voltaban a Ormiston Victory Academy! Pola mañá foron a diversas clases e despois tiñamos unha sesión conxunta sobre Mental Health.

Na cantina o chocolatiño que lles agasallou unha das monitoras

O profe era portugués polo que sabía un pouco de español e foi moi doado para elxs entender a clase.

Na súa clase de Mental Health

Xogando a un xogo proposto na clase

Todos competitivos

Despois tiñamos sesión no parque para facer uns Rounders. Ó principio non se lles vía convencidos pero pronto puxéronse a tope co xogo, que é unha especie de béisbol.

Anoiteceu bastante cedo polo que non puidemos quedarnos ata tarde, pero a todxs lles deu tempo de tentar batear e correr. Aquí tedes a algunhas!

Aquí preparándose

Un dos equipos antes de comezar o xogo!

Tiago dándolle á bola de Ricardo

Paula tentándo darlle á bola de Antonio

E logo… HALLOWEEN!!! Algúns foron de truco o trato!

Os premios que levou Yago polo truco ou trato

BeReal de Sofía pasado por Nerea obrigada (jeje)

Os premios que levou Yago polo truco ou trato

O día de onte acudimos as nosas clase pola mañá en Ormiston Academy.

 

Mar desfrutando do menú da cantina

E pola tarde tivemos BOARD GAMES na English Experience School. Pasámolo moi ben!!

Sabela coa súa creación arquitectónica e con restos de maquillaxe de Halloween do día anterior aínda nos ollos!

Selfie grupal coa nosa local guide Ellen incluida!

Hoxe iremos a bolera con algúns dos buddies!

💫💫💫💫💫💫

See you soon,

Lara e Alaska

avatar

Lara Alvarez Alvarez

2 pensamientos en “ORMISTON 31/10, 1/11- BACK TO THE ACADEMY, ROUNDERS AND BOARD GAMES

  1. Bo día!!
    Aproveitan cada minuto do día 👏👏.
    Grazas por compartir as reportaxes fotográficas,é xenial ver cómo disfrutan!!!

    Boa tarde na bolera🥰✨

Responder a Diana Hermida Cancelar respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *