ORMISTON 20/10- 4th DAY OF SCHOOL AND QUIZ TIME

Hello families!

O día de hoxe foi un día do máis normaliño, a verdade. Xa cedo pola mañá avisamos que había que coller os umbrella porque viñan fortes choivas! I é que é o noso primeiro día de choiva aquí, quen o diría…

Chegamos o cole e hoxe tiveron asignaturas como tecnoloxía, negocios, arte…

Chocolatinas que recibiu Nerea de parte da sua buddy, que estaba de aniversario!

Case toda a tropa na cantine ocupando unha mesa enorme

Hoxe felicitounos a profesora de negocios polo alumno participativo e intelixente que tiñamos (neste caso Pablo!), e non é a primeira vez que nos felicitan. A verdade e que veñen cun moi bo nivel e non so académico… son probablemente dxs máis respetuosxs e limpxs de toda a escola.

Un dos horarios e mais fichas que reciben as alumnas

Natalia coa sua ficha de History rematada

Hoxe a cantina no lunch break tiña unhas cousas tan ricas… que non se puideron resistir.

Yago feliz coa sua comida por só £1’9!!

Bruno seguindo os pasos de Yago para mercar a delicia de pasta

Pola tarde, debido a choiva, cancelamos a actividade de xogos no parque e a sustituimos por tarde de Quiz! (aínda que había algún tolo que quería ir xogar igual e empaparse).

Foi un quiz sobre Norwich, os lugares máis típicos, o nome das catedrais e o equipo de fútbol (que eu nin idea pero había algúns que o tiñan controladísimo e ata nos corrixiron unha das preguntas…)

Concentradas debatindo sobre as preguntas do quiz

Aquí facendo un pouquiño de trampas e axudándose entre sí

Momento de concentración de quiz

Era a primeira vez que pasaban a tarde na academia de The English Experience e eu creo que estiveron moi cómodxs.

Non houbo gañadorx clarx do quiz porque parece ser que algunhas foron un pouco trampulleiras así que fixemos outra ronda, a definitiva.

Captura da suposta clasificación no Kahoot!

Ellen preguntou como era a famosa frase que se dicía dos pubs e das igrexas de Norwich (que vos as familias deberiades saber tamén de días anteriores do blog…). E despois de varios intentos de resposta fallidos chegamos a un gañador: TIAGO!!!

Aquí o winner abrindo o premio!

E aquí firmando a paz con algún dos contrincantes

Despois destes xogos algúns grupiños tiveron a sorte de poder ir cear por aí! E aquí vemos claramente dúas vertientes: a xente “sana” e os que buscan calquera oportunidade para comer algo de comida máis basura que non lle dan as host families.

Foto por Paula da cea nun restaurante griego “The Real Greek”

Foto por Antonio do KFC

Mañá a ver se o tempo da tregua e podemos ir facer xogos a Chapelfield Park, que temos moitas ganas.

Ata mañá familias! Agardamos que vos estean a gustar as fotiños (que os teño fartos de tantas jajajaja) e os blogs e que así ainda que elxs non vos conten cousas (que sabemos que son un desastriño) vos sabedes o que fan e que tal están 💘.

Unha aperta grandísima,

Lara e Alaska

avatar

Lara Alvarez Alvarez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *