Ormiston 18/10- 2nd DAY OF CLASS AND RIVERSIDE WALK

Bo día familias!

Hoxe o blog chega pola mañá porque onte foi un día suuuuper completo! (e xenial!)

Foi o segundo día collendo o bus cara Ormiston Academy, esta vez todos xa sabiamos cal coller, onde collelo e como. E saiu todo perfecto!

Pola mañá tiveron clases como xeografía, historia, matemáticas.. E ata xa tiveron o seu primeiro exame, qué avanzadas!

Primeiros afortunados en probar a pizza da cantina

Cando non están nas clases, quedan connosco a facer exercicios

Unha vez rematadas clases, fomos o coller o bus e… menuda aventura, parecían os Vitrasas de Vigo cos retrasos que levaban.

Todxs xuntxs na parte de arriba do bus, a máis guai!

Finalmente chegamos ó centro de Norwich e a rapazada tiñan unha fame enorme (parece que custa adaptarse ós horarios de Reino Unido) así que pedíronnos e rogáronnos se podían parar no subway e… como dicirlles que non? Se é que ó final son un amor…

Algúns dos rapaces con snacks doces do Greggs, mooooi rico

Aquí temos a cola que fixemos no subway…

Unha vez feita esta parada técnica para recargar enerxías, comezamos o noso paseo polo río.

O primeiro que fixemos foi pasar por debaixo de Pulls Ferry, cun precioso canal e sendo un dous lugares máis recoñecíbeis de Norwich.

Foto sacada por Franko das compis pasando polo Pulls Ferry

Unha vez pasado este canal xa comezaron as fotos preciosas, porque o lugar daba para moito.

Foto magnífica feita por Bruno da beira do río

Logo achegámonos ata o Bishops’s bridge, a última ponte medieval que queda na cidade, a cal era a única entrada a esta ata o século 19!

A rapazada pasando pola ponte

Preciosas vistas dende a ponte, sacada por Nerea

O outro lado da beira, por Franko

Por estes camiños de bosque e árbores preto do río puidemos ver: O PRIMEIRO ESQUÍO! Sabemos que Londres é famoso polos seus esquíos pero aquí en Norwich non viramos un aínda, ata onte!

Todo o grupo buscando o esquío entre as árbores

Aquí o famoso esquío capturado por Yago!!

Logo pasamos pola Cow Tower, lugar dende onde defendían a cidade e que ten 15 metros de alto.

Foto de Franko ás compis en Cow Tower con Ellen guiando

Durante todo o paseo estivemos observando os restos dos muros da cidade, que forman en total  4 quilómetros de longo e 6 metros de alto.

E así chegamos ata o que se cre o pub máis vello de toda a cidade, Adam & Eve. Hai moitas historias sobre este lugar, no que din que está encantado coa pantasma de Lord Sheffield. Din que desaparecen cousas, móvense plantas, péchanse e ábrense portas e ventás… Pero hei de dicir que a nós, máis que medo, pareceunos precioso e aproveitamos para sacar un par de fotos!

Foto de Paula coa fachada do pub

Todo o grupiño enteiro na porta do pub

Por último, como final do paseo, chegamos ata a Catedral, que visitamos no seu perímetro e que conta coa tumba dunha enfermeira que ocupouse de curar a toda a xente que puido na guerra, foran enimigos ou aliados. Din que a mataron os do bando enimigo pero que morreu feliz de poder salvar a toda a xente que puido.

Foto feita por Bruno da catedral

A rapazada e Ellen coa catedral de fondo

Foi un paseo estupendo. Deunos tempo a sacar mil fotos, ver sitios preciosos e a falar un montón. Estamos facendo super boas migas con todxs, son realmente xeniais.

Creo que podo dicir que somos o mellor grupo de Norwich!!! ❤️❤️❤️❤️

Agora deixámosvos con algunhas fotos máis que sacamos nós e sacaron elxs. A ver se vos gustan tanto coma a nós!

Bruno sacando unha das súas fotos incríbeis

Sacándose unha foto coa tumba… Un pouco creepy!

Posando na ponte de Bishop

Sofía capturando a unha das monitoras tentando sacarlles unha foto

Foto feita por Franko do paseo

Un saúdo enorme,

Lara e Alaska.

 

 

 

avatar

Lara Alvarez Alvarez

2 pensamientos en “Ormiston 18/10- 2nd DAY OF CLASS AND RIVERSIDE WALK

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *