Nottingham: día de teatro! – 26/07

Boa tarde amigos/as!

A poucos días de rematar esta fantástica viaxe, os nosos rapaces e rapazas empezan a mañán de clases con algo de nervios, posto que xa teñen que estar rematando o project, do que pronto saberemos quen é o gañador.

Hoxe tocábanos un tour polas bambalinas do teatro Playhouse, pero resulta que o que non sabiamos é que en realidade iamos facer un “workshop”, é dicir, un taller de teatro que consistiría nunha sesión de varios exercicios relacionados coa actuación, a improvisación e a creatividade.

Comezamos colocándonos nun círculo para presentarnos, de modo que cada persoa diría o seu nome acompañado dun xesto ou acción que o representara, ou que simplemente lle apetecera facer no momento.

Logo, fixemos un exercicio no cal habería dous narradores que irían contando unha historia que outras dúas persoas (os actores) deberían ir representando. Para isto, poderían utilizar unha serie de obxectos aleatorios depositados no chan.

Por último, fixemos un exercicio que se trataba de construír unha historia a través de tres posturas a modo de fotografía cun título. Deste modo, cada grupo debía de usar unha serie de obxectos en cada pose e decir unha frase que definira a acción, para que ao xuntar as tres, tivera sentido.

Foi unha sesión simple pero resultou moi entretida e botamos unhas risas, estamos para un Óscar jeje.

Disfrutade moito porque mañán xa é o último día, vémonos prontiño!

 

Aida e Noe

 

avatar

Aida Barros Castro

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *