Neath – Sweet Introduction

Boa tarde a todas e todos.

Mentres estou a escoitar os Guns ‘N Roses vou facer unha breve presentación miña. Son Marcos o monitor que vos vai a acompañar durante esta experiencia, chamada PILI VIIGO.

Está é a cuarta vez que vou de monitor do PILI VIGO, o cal me permite ter algo de experiencia. Experiencia suficiente? Nin de loooooooonxe, cada ano vivo situacións diferentes e aprendo algo distinto. Por regra xeral o alumnado cólleme aprecio, máis de cara aos últimos días, pola contra a min me pasa o contrario, acabo sen enerxías nin gañas de saber de adolescentes.

Ás nais e pais, e demáis familia do alumnado agradezo a vosa preocupación pola miña saúde mental durante a experiencia, e é por iso que espero de que ademáis de ter unhas/uns santas/os de fillas/os o demostren e me botedes unha mán para que se porten así.

Calquer cousa que necesitedes, especialmente o meu grupo de 11 protexidas/os podedes contar conmigo (aclaración, case calquer cousa, son 3 edicións ás costas e sei o que son capaces de pedir xs adolescentes)

O QUE PASA EN LAS VEGAS QUEDA EN LAS VEGAS, O QUE PASA EN NEATH / SWANSEA quedará ou non, o BLOG VIGO EN INGLÉS compartirá os mellorres momentos deste grupo de 11 adolescentes acompañadas/os do seu monitor.

P.D. Creo que ao igual que vós esta vai a ser a miña primeira experiencia en sólo GALÉS.

avatar

Marcos Villaverde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *