Neath – 30/9/2023 – Tiro ao arco e cetrería

Día de sudadera vermella do PILI Vigo, día de excursión.

Rhossilli Bay e Perriswood

Rhossilli Bay é unha zona da costa cunhas vistas impresionantes, espazo natural con alcantilado e praia. Dende a organización indicáronos ir soamente a praia. Cada un/ha do grupo aproveitou para sacarse fotos para as súas redes sociais.

Perriswood foi unha grata sorpresa. Alí disfrutouse primeiro da actividade de tiro con arco e a continuación puidemos desfrutar de ver, e soster na mán a cada unha das catro aves que nos mostraron, a primeira ave, unha cría de buho, espectacular ao ser a primeira, aínda así as seguintes aves (outro buho e falcóns) tamén mantiveron a atención de todxs. A mañá rematou con todxs no exterior facendo un gran círculo có outro grupo de Port Talbot onde desfrutamos a un dos falcóns voando en liberdade.

Espero que me disculpen pola calidade das fotos, o fotógrafo é igual de malo cá cámara do móbil, vai nun pack.

avatar

Marcos Villaverde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *