Neath – 27 September – By foot? or in a buggi?

Nin a pé nin en coche de golf, a rutina do día comeza có bus, e outra vez estan a esperar por nos para ir no  mini bus ata a porta do centro escolar, a dispersarse para ir cada quén a súa aula a “resgistration”.

Hoxe o día diferente xa que algúns profestorxs tiñan organizadas unhas actividades especiais con grupos de idade máis curta, indistintamente ao ser o terceiro día van coñecendo mellor o centro e integrándose cada vez máis. Como actividade mais relevante para parte das rapazas/ e dos rapaces foi P.E. physical education), non é de sorprender, seguramente máis de un adults tamén iría encantado á clase de educación física antes de historia, xeografía ou matemáticas.

No segundo bús de volta para Swansea, un autóctono galés interesouse por saber que facía un grupo de españois en Gales en base ao tempo tan increiblemente malo que hai aquí según él, e o bo tempo en España.

Falando do tempo sí que choveu unha tromba de auga, afortunadamente foi antes de dar comezo a actividade de hoxe, “Indoor golf”.

O seu propio nome o indica golf no interior, así que pelotazos fortes poucos, máis ben coller o pao cun certo aprecio e precisión no golpeo (swing). Non hai gañadorxs nin vencidxs, xa que darlle ao pao de golf é máis sinxelo que abrir os libros de calquera das asignaturas que teñen no Cluny..

Despois de comprobar que os buratos son máis grandes cás pelotas (era obvio) deuse finalizada a actividade para coller o bús que leve a cada alumnx a súa casa. Non antes comprobaron se o buggi estaba de decoración ou se tiña algo de gasolina. Voltaron cómo virón cóas gañas de pasalo ben.

Bonus track

Maps dass instacións do Llangatwg community school

Edificio Old block

Un lateral do Old block dende o patio interior

Sala multiusos e a fondo nas cristaleiras, unha psicina

avatar

Marcos Villaverde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *