Martes 9, Bolos

ELTHAM

Boas noites familias,

Continuando coa rutina inglesa, pola mañá cedo acudimos a escola. Hoxe as temperaturas foron especialmente baixas, polo que unha capa de xeo nos esperaba no noso camiño. Durante as clases, a última hora, estase adicando a facer diferentes actividades para coñecernos máis entre nós, por exemplo a través de iniciar un pequeno debate sobre como se celebra o Nadal en España e como se celebra en Inglaterra. A directora comentounos que consideran esta actividad importante para que as rapazas se den de conta de que non en todos os países se celebran igual estas datas. De feito, moitas das nenas inglesas mostraronse sorprendidas por a existencia do roscón de Reis, día que non se celebra aquí.

Pola tarde fomos a bolera, nos dividimos en grupos, collemos os zapatos e comezamos a xogar!! Aunque o principio algunhas mostraronse reticentes ao xogo, ó final todas pasamos unha boa tarde. A música do local propiciou un ambiente de bo rollo e alegría que se contaxiou rápidamente, e, o final, acabamos bailando Baby One More Time de Britney Spears.

IMG_0174IMG_0128

IMG_0154IMG_0121

Mañá seguiremos cos deportes, tocanos xogar o futbol. Xa os contaremos o que sae de ahí.

Un saúdo, as monitoras.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *