MALLOW P.A. – 27/09 Gaelic Sports!

O domingo pasou voando coma os corvos que hai a esgalla en Mallow, e nestes primeiros días da segunda semana tivemos oportunidade de coñecer máis a fondo dous deportes moi practicados en Irlanda, xa que se trata de dous deportes a xogar en interiores.

img_20160927_165727

Onte luns aprendimos a xogar a handball, que todos pensabamos que era o deporte de Barrufet e Talant Duyshebaev pero non, trátase dunha modalidade local moi parecida á pelota vasca que ten dúas variantes: individual e por parellas. O noso local leader Mister Drinan quedou sorprendido polo saque de algúns dos nosos rapaces (e desta volta non estou a falar da comida) e seica igual algún vai de volta pra Vigo cunha oferta irlandesa no peto.

img_20160926_171010

Hoxe martes tivemos oportunidade de xogar ao unihoc, modalidade de hockey practicado sen patíns no interior do pavillón e no que puidemos desfrutar dunha intensa tarde tras a que os rapaces voltaron empapados en súor aos seus fogares irlandeses.

Estas son as nosas tardes deportivas, pero polas mañás son os nosos os que dan auténticas leccións de fútbol aos rapaces irlandeses que miran pra eles cunha mistura de abraio e envexa, e todos pelexan por fichar aos vigueses nas pachangas. Isto só pasa durante os recreos, podedes estar tranquilos, que tamén están acudindo ás súas clases e mellorando o seu inglés pasiño a pasiño.

E pouca cousa máis hai para contarvos, xa que o resto do tempo libre en grupo ten lugar nas tranquilas rúas de Mallow buscando algunha rede WiFi para conectarnos e contarvos o moito que vos botamos en falta. Seguimos en contacto, keep in touch!

img_20160925_193348

Podedes botarlle un ollo ás fotos na galería de imágenes de Newlink.

Entrenador de fútbol sala Nivel II; Monitor de Ocio y Tiempo Libre; Graduado en Ciencias Políticas y de la Administración; Posgrado de Especialista en Cine, fotografía y vídeo político y social / Posgrado de Audiovisual Científico, teoría y praxis.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *