Luns 15, Science y Natural History Museum

ELTHAM

Boas noites familias!

Hoxe foi o ultimo dia de actividades. Parece mentira que xa estemos apunto de volver para as nosas casas. As rapazas están en pleno ataque de morriña  e xa están facendo plans para a fin de semana, para o instituto e para o que queren que lles fagades de comer.

Aínda así, a nostalxia non nos impediu seguir co noso programa, polo que hoxe acudimos á cidade a despedirnos como se merece.

IMG_0069

Coma en Londres as visitas a museos son gratuitas, adicamos a primeira  metade da mañá a ver o Natural History Museum, un museo onde se poden atopar todo tipo de marabillas producidas pola natureza. O museo alberga dende esqueletos de dinosaurios (principal atracción dos pequenos da casa), ata minerais de todo tipo ou fósiles marinos.

IMG_0047

IMG_0046

Algunhas das rapazas quedaron sorprendidas co fósil dunha árbore  que fai 225 millons de anos quedou convertida en pedra debido ás condicións atmosféricas.

Pola tarde acudimos ó Science Museum, que tamén nos quedaba pendiente. Neste museo poden atoparse diferentes seccións adicadas ó tema da ciencia, coma por exemplo unha zona adicada ó espacio. Tamén adica unha sección completa á medicina e outra ás emocións (as cales se poden avaliar cun cuestionario interactivo).

IMG_0073

Tras toda este tour cultural, volvimos para as nosas casas pensando xa en empezar a facer as maletas….e no que nos poñeremos mañan para a Farewell Disco, á que poden invitar a amigas da Eltham Hill.

Esperemos non chorar moito!….(ainda que nunca se sabe)!

Ata maña Vigo!!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *