Lido (Grupo Peterborough)

Coma todas as mañás destas semanas, o noso venres comezou con clases de inglés na St. Mary’s Church. Sen embargo, este venres sentíase (e víase) o ambiente veraniego impregnar todas as nosas caras e vestimentas: íamos á piscina e os nosos “outfits” o sabían.

Esta media mañán cambiamos o noso habitual sitio de almorzar (o parque da catedral) por un novo parque, que os rapaces descubriron grazas ao noso gran amigo Google Maps, no que podían xogar ao fútbol se querían (e así o fixeron).

Sobre a 13:30 chegou o, por todos amado, guía do día, Lucas, quen xogou ao fútbol cos rapaces e tamén lles trouxo pelotas para xogar ao rugby se querían.

Con tanta volta perseguindo as pelotas, case non nos decatamos de que xa eran as 14 e tocaba entrar na piscina, e así poder quitarnos de enriba a horripilante calor coa que Inglaterra nos esperta cada día (un biquiño á Heat wave dende aquí, podes marchar cando queiras).

Así, entre chapuzóns, campionatos de apneas e de saltos e un bo e merecido descanso pasamos a tarde.

avatar

Sara Gutiérrez García

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *