Letchworth (St. Francis’ College) – Días 5, 6 e 7

Boas tardes a todos/as, de novo! 🌞

Comezamos co repaso do martes ó xoves! Por certo, as temperaturas comezaron a baixar e son máis agradables.

Día 5 (martes):

Ás 7:15 soa a campá como espertador. Penso que non introducira aínda este elemento esencial da rutina aquí e que é o peor inimigo da nosa rapazada. Tódalas mañás unha membro do staff fai soar unha campá para que a rapazada comece o día. Aquí vos deixo unha foto:

Empezamos o día cun almorzo para repoñer forzas na dinning room (lugar onde fan o almorzo, xantar e cea). Logo do almorzo, rematan de alistarse e van a Registration 📚 para despois comezar coas clases.

As clases rematan ás 16:00 e teñen 45 minutos de Prep (hoxe é na Games room) para facer os deberes ou o journal.

As profes fixéronlles smoothies con fruta, xeado e zume. E mentres disfrutaban dos smoothies 🥤 viron unha película en versión orixinal (inglés) con subtítulos en ingles: The Kissing Booth💋.

Algunhas rapazas están entanchadas ós puzzles 🧩.

Ver filmes 📽️ en versión orixinal é un xeito moi común de practicar idiomas mentres estás entretida.

Día 6 (mércores):

Logo do día de clases (drama, maths, photography, chemistry…), tiveron Prep e algunhas que non tiñan deberes aproveitaron para baixar á vila a mercar algunhas cousas. Hoxe tiverona na biblioteca 🗃️, un novo espazo do cole desbloqueado🔓.

Esta é a Games room coa luz do día. ⬇️

A rapazada agasalloume con flores e galletas, son verdadeiramente adorables! 🥰

Normalmente, teñen unha asamblea toda a Boarding house🏡 os xoves, pero debido a un evento, esta semana foi celebrada o mércores á tardiña.

Día 7 (xoves):

O día de hoxe durante Prep📝, a rapazada que non saíu a mercar o mércores foi hoxe á vila, Letchworth. Logo pola tarde, baixaron ás pistas e parque do centro a xogar, falar e relaxarse ó aire libre. Tamén estaban nas pistas as xemelgas, Shelley e Joy, coas que estiveron xogando ó bádminton e ó tenis. 🏸🎾

 

Seguireivos informando, deica logo!

Unha aperta,

A moni Paula.

avatar

Paula Rodriguez Rey

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *