Letchworth (St. Francis’ College) – Días 16 e 17

Boas noites, aquí volvemos a estar! 🍁

Imos aló co repaso da fin de semana e a entrada nos últimos de estancia.

Día 16 (sábado):

Hoxe tivemos brunch 🧇🍳🥓(ás 10:30) coma os anteriores sábados e domingos.

Logo, encamiñamonos á estación de tren🚉 co noso pack lunch para poñer rumbo a Stevenage (cidade natal de Lewis Hamilton, o piloto de F1🏎️).

Ó chegar, dirixímonos á boleira 🎳 para xogar unhas partidas ós bolos e tamén nas máquinas do Arcade que había no interior do local.

Á tardiña cando xa regresamos ó internado baixamos a xogar ó tenis🎾 ás pistas habilitadas. Cando voltamos á Boarding house 🏡, cociñamos unhas tortillas españolas entre todos/as.

Día 17 (domingo):

Hoxe toca excursión! Destino…🥁🥁🥁

CAMBRIDGE! Dato curioso: o significado do nome da cidade vén das pontes nas beiras do río Cam.

Planning para o día:

A primeira parada foi Our Lady and the English Martyrs Church (rexurdimento do Gótico), os mártires ingleses foron intelectuais da universalidade de Cambridge executados no século XVI e XVII. Despois, dirixímonos a Market Hill (ó ser domingo había mercado: comida de todo tipo, artesanía, flores…). Dinlles unha hora de tempo libre para explorar o mercado e mercar souvenirs. Seguinte parada, Great St. Mary’s church onde viron unha edición da King James Bible (versión inglesa da Biblia imposta por Henry VIII da dinastía Tudor). Logo da súa ruptura coa igrexa católica, Henry VIII convertiu o país a protestante.

En fronte a esta igrexa, tiñamos a casa dos senadores, a chapela do King’s College e as Old Schools.

Continuamos o noso percorrido ata chegar ás famosas pontes do río Cam: Trinity’s Bridge, Claire’s Bridge, John’s College Bridge

Logo de pasear por The backs🌳🌲, tiveron tempo libre para explorar un pouco máis. E ata aquí a nosa fin de semana intensa! Seguireivos informando.

Unha aperta,

a moni Paula.

avatar

Paula Rodriguez Rey

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *