LETCHWORTH ST FRANCIS 8/10- 12/10

Ola ola familias!!

Vimos con moitas cousas que contarvos, unha semana moooi intensa.

De momento vou narrar eu pero teremos colaboracións especiais jeje.

MARTES

Hoxe tocaba excursión! Iamos ir a Brighton, un pobo costeiro do este da illa.

Camiñamos ata o mar e aquilo parecia Coruña con todo o vento que había!

Co palacio que hai en Brighton

Non sei elas pero eu botaba de menos o mar. Chegamos ó Pier (muelle) e alí había uns recreativos ENORMES. Había maquinas de peluches, xogos de bailar, atraccións… Probárono todo!

Probando na primeira máquina a ver se conseguían unha gaivota

sen palabras

nunha atracción de terror. Subíronse case todas e deixáronse a voz ajajaja

Unha vez visto e feito todo o que se podía voltamos cara o centro que tivemos tempo libre nunha rúa moi pintoresta, chea de tendas vintage e de artistas.

Algunhas aproveitaron para comer o típico fish and chips!

Enchendose de slime cun dos premios do Pier

Unha vez voltamos o internado despois da cea tan agardada xogamos ó fútbol. O campo era pequeno e fixemos un 5 para 5. Menuda tensión, aquilo sentíase derby total.

Remataron un pouco picadas (xa sabedes p competitivas que son) pero sobre todo coa árbitra (eu) que parece que non lles pito as suficientes mans… Tiña que ter feito como lle fixeron a Iago Aspas e sacarlle vermella por protestar!

equipo de gañadoras con Carmen de capitana

MÉRCORES

WOW familias!! Hoxe era un día moi especial, ían facer o concurso das casas. Isto trata de que o colexio divídese en catro casas e fan actuación musicais. O xurado decide quen o fixo mellor e elixe a casa gañadora, que volve a facer a actuación e leva un trofeo!

Case todas estaban nunha mesma casa, a morada, Atenea. Pero logo tiñamos a xente en cada casa: representando o vermello con Selene tiñamos a Alexandra, Mai e Uxía; representando rosa tiñamos a Sara e representando verde estaban Carlota, Alba, Iria, Lía D e Marta.

Finalmente gañaron moradas!!! Coa canción Don’t stop me now de Queen!!!

Unha vez voltamos de clases algunhas de nós fixemos galletas. Non puidemos resistirnos a comernos moitísima masa, estaba boísima. Decidimos gardar as galletas para despois da cea, aínda que algunha recién saída do forno caiu… jeje

Tivemos sesión de piscina despois de cear. Tiñamos moitísimas ganas. A piscina estaba climatizada así que metéronse sen problema. Saltaron, xogaron e ata nos fixeron unha demostración de natación sincronizada!!!

Cando voltamos as habitacións comimos as galletas e fomos a durmirr!

Sen embargo tamén teño que contarvos non tan boas novas i e que puxéronsenos enfermas dúas das nosas: Silvia e Marta. Non quero poñerme escatolóxica pero a noite de martes para mércores foi de vómitos e diarrea… Aquí en UK por precaución a que estes virus se extendan as nenas teñen que facer corentera durante 48h dende o último síntoma así que… tocáballes perder clase e estar xuntiñas na habitación.

E TÉÑOAS AQUÍ PARA QUE VOS CONTEN A SÚA VERSIÓN DOS SEGUINTES DÍAS.

MIÉRCOLES ENFERMO
Esta parte nos toca contarla a nosotras ya que estamos en cuarentena.
Empezamos el día bastante mal porque tenemos gastroenteritis, o eso creemos nosotras. Silvia había vomitado y Marta casi se muere. Decidimos no ir a clase (aunque nos daba pena porque íbamos a bailar) y a las 10 de la mañana nos dijeron q teníamos que estar aisladas durante 2 días. Nos juntaron en la misma habitación y empezamos a delirar. Hicimos un poema para la puerta (uno en inglés y otro en español).

Después de una siesta y una comida asquerosa unas compañeras decidieron venir a saludar (obviamente con distancia de seguridad).

Nos trajeron juegos y un puzzle el cual nos tiene hasta las narices y ya nos damos por vencidas.
Más tarde empezamos una serie que nos recomendó Lara (muy buena recomendación) y volvimos a cenar basura.
Antes de que se fueran a la piscina Andrea, Claudia, Iria y Lara hicieron un karaoke con nosotras. Y como no, a la vuelta Lara nos contó todo el chisme del día.

XOVES

Hoxe volviamos a ter sorte porque só tiñamos as primeiras horas, logo iamos a Royston, un pobo veciño bastante antiguo. Alí fariamos unha Treasure hunt (busca do tesouro).

Non todo o mundo chegou a completar máis de 6 pistas peeeero houbo 3 grupos que case chegan ó final: Lía, Alexandra, Carmen, Oriana, Uxía, Carlota e Cayetana.

Finalmente as declaradas súper gañadoras foron Carlota e Cayetana, que ata foron á cima da colina!!

Cando chegamos de volta ó internado fixemos sesión de arte e algún dos cadros quedaron lindísimos!

obra de arte de Lola

obra de arte de Iria

obra de arte de Carlota

Despois da cea dimos varias opcións: aula de ioga, sesión de just dance ou película. A maioría escolleu just dance e algunhas quedaron vendo unha peli de chill.

JUEVES ENFERMO

Marta empezó el día cayéndose de la cama por el susto que le dieron que le dieron con el despertador. Dormimos un montón. Hoy salió una nueva temporada de una serie que nos encanta, así que nos la vemos hemos visto entera.
Cuando se fueron nuestras compañeras las despedimos desde la ventana. Un poco más tarde una profesora nos trajo la comida (picante) asique no la pudimos comer. Nos alimentamos a base de pan, jamón y unas bebidas energéticas que nos compró Lara.
Estuvimos toda la tarde viendo series.
Sentimos que no haya sido tan interesante pero es lo que tiene estar encerradas.

VENRES

As enfermas xa voltaban a clase e as demáis seguían coa rutina. Andrea fixo profiteroles en clase e como sabía que me encantan gardoume un para que o probara, QUÉ RICOOO!!!

coméndome o profiterol xa pola noite

Despois de clase tiveron tempo libre pola cidade, que aproveitaron para mercar cousas para o disfraz da festa do sábado. Mercaron sangue falsa, maquillaxe, roupa, etc.

Despois de cear tamén tiñan libre pero quen quixera podía tallar cabazas. Así que algunhas subiron e fixeron as súas creacións, foi moi guai facelas porque tiñamos todo un kit de ferramentas e estivemos coas nenas da casa.

SÁBADO

Hoxe se supuña que iamos ir a Oxford pero por un problema cos autobuses non podía ser así que nos deron o que levabamos moito tempo pedindo: VOLTAR A LONDON.

Vimos o tan agardado London Bridge. Tamén Tower of London que está xusto o lado.

Logo paseamos por todo East London e descubrimos os muros antiguos da cidade, así como igrexas abandonadas.

Chegamos ata St Paul’s cathedral, unha catedral enorme na cidade de Londres.

Despois nos diriximos ata Harrod’s, os almacéns mundialmente coñecidos (Cayetana estaba felicísima!!) e alí tivemos 50 min de tempo libre.

Viviron tamén a experiencia de coller un metro en London: ateigado de xente/ durmindo

non podían faltar os esquíos!!

Voltamos ó internado, ceamos e directas a prepararnos para a festa!!!

A nosa temática grupal era Werewolves, the board game. É un xogo de cartas ó que levamos xogando estas semanas, nel hai diferentes personaxes: villagers (pobo), werewolves (mulleres lobo), witch (meiga), little girl (nena pequena), cupid and lovers (cupido e namoradas), narrator, medium (a adiviña), etc.

Non é por presumir pero o noso disfraz foi o mellor e fomos a alma da festaaaa!

Villagers Manolo o borracho e Javier o peter pan

As Werewolves

As witches e a medium

as litttle girls

Cupid and the lovers

Cantamos, bailamos, sacamos fotos… Incríbel.

aquí facendo tattoos de Halloween

E rematamos cunha partida a Werewolves antes de ir durmir

Día redondo 🩷🎃👹

O domingo toca Windsor Castle. A ver qué tal!!!

Moitas moitas apertas familias, querémosvos!!!!!

Lara.

avatar

Lara Alvarez Alvarez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *