LETCHWORTH ST FRANCIS – 1/10/2024

Ola ola de novo familias!!! Temos mooooitas cousas que contarvos!

Resúmovos a de cousas que fixemos esta semana:

MARTES

O martes tivemos a sorte de saltarnos clase jejeje E fomos a Bicester Village, en Oxford.

Flipamos! Estaba todo cheo de marcas que so viamos pola tele: Prada, Ralph Lauren, Balenciaga… menuda barbaridade.

O sitio era lindísimo e moitas aproveitaron para sesión de fotos.

A verdade e que mercar non mercamos moitas cousas, porque o de vender un riñón non era unha opción, pero pateamos todas as tendas

E a que non adiviñades onde foron comer? O Mc Donalds. Si é que o final sempre vamos ó coñecido jajaja.

Chegamos ó internado para a cea e logo tiñan para descansar. Pero a maioría decidiu falar de teorías conspiranoicas na sala común. Cada unha… ajajaja

Isto é o que me atopo moitas veces: Claudia e Iria no chan cun ataque de risa, están chuculús

MÉRCORES

Hoxe non nos librabamos das clases, tiñan un descanso para comer pero logo seguían ata as cinco. Unhas delas tiñan cociña e deus!!!! Esas galletas esataban boísimas!! Saíronvos cociñeiras eh, xa sabedes o que pedirlles para cando volten a casa…

Vestíronse con roupa de deporte e xogamos o Dodgeball pero versión española, que a coñecemos mellor je.

Na primeira ronda gañou un equipo e na segunda o outro.

Primeiro equipo coa super Lola que aguantou o inaguantable

Segundo equipo gañador

Podemos dicir que é que son todas unhas cracks jeje

Foto de ser as máis chulas e guais do internado

Fomos cear e había planeada piscina pero o socorrista tivo un problema e non podía estar así que non podiamos ir pero rápido buscamos solución: JUST DANCE.

Puxémonos na sala común a bailar e suar como se non houbese un mañá e uníronsenos algunhas nenas do internado.

Logo familias… sucedeu algo de que non me deixan que vos poña probas gráficas, pero… fixeron un concurso de eructos JAJAJA

Sen querer Claudia mercou sparkling water en vez da auga normal e claro…. había que aproveitar.

Estade orgullosas familia de Silvia porque non escoitei algo igual na miña vida. MEDALLA DE OURO!!!! MENUDO BICHO SOLTOU!!

XOVES

 

Outro día máis que tivemos a sorte de ter excursión. Tocaba Wimpole Hall, un palacio/ mansión con moitísimos anos de historia.

Puidemos entrar na casa: visitar as habitacións, camiñar polo comedor, ver a biblioteca, coñecer como vivía o servizo… unha pasada.

Fotos de espello reglamentarias

O que non nos esperabamos era a granxa enorme que tiñan! Puidemos tocar vacas, porcos e PORCOS BEBÉS!!!! Moitas querían levalos no bolso do pequeniños e bonitos que eran…

Palabras de Andrea “que asperos son no?”

Tamén puideron aprender como sería ordeñar a unha vaca. A Carlota dábaselle tamén que sospeitamos que ten unha vaca na casa.

Había uns xardín enormes polos que puidemos pasear, parecían de conto.

Andrea e Marta completaron o recorrido dos sellos. Super orgullosaaas!!

Lía engadiu membros á familia jeje

Ó chegar tivemos unha chocolatada e fomos comprar galletas para acompañala. Logo xogamos a Werewolves (que é o pobo durme versión inglesa) cunhas rapazas do boarding. E aínda que algunha non se enteraba de nada en inglés, puidemos rematar a partida sen complicacións ajajaja

VENRES

Este día foi día de clase enteiriño pero viasellelas super contentas!!! Sara fixo unha tarta que menuda pinta e Andrea unhas galletas que aínda que se lle churruscaran un pouquiño estaban riquísimas, ademais de avena, ben sanas!

Despois dun día duro de clase puideron ir pola tarde pola cidade e recargar pilas para o día seguinte estar readys para London!!!

Tivemos a cea e logo Silvia decidiu pasar as fotos que tiña na súa camariña ó ordenador, mirade que bonitas:

E con isto rematamos a semana!!! Hoxe tocou Londres e o domingo Cambridge, o luns cóntovos todo!!!!!

Querémosvos moitos e aínda que vos botemos de menos, queremos quedar aquí pra sempree!!!

Unha aperta enormeee ❤️‍🩹❤️‍🩹❤️‍🩹❤️‍🩹❤️‍🩹❤️‍🩹

avatar

Lara Alvarez Alvarez

2 pensamientos en “LETCHWORTH ST FRANCIS – 1/10/2024

    • Grazas Marisa! A verdade é que está sendo unha experiencia increíble e estas nenas son marabillosas!!! Encántame poder estar aquí con elas e axudalas en todo o que necesiten <3 <3

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *