Here we go!

Moi boas rapazas, preparadas para a viaxe?

E vós? Nais, pais e amig@s.

Son Marcos, o monitor do grupo de Casteldermot. Teño 34 anos e son de Nigrán.

Está é a miña segunda experiencia no PILI Vigo, a primera foi en Bournemouth  (Inglaterra), o ano pasado. Xa vedes… un repetidor.

Vou a facer unha pequena resume deste meu 2019 para que me coñecades un pouco mais. Descubrín o fútbol gaélico, é por isto que este ano cambiei Inglaterra pola cuna dos deportes gaélicos, Irlanda. Descubrín o Kahoot (un xogo). E sen querer dar envexa, neste último semestre adícome a viaxar. En xullo estiven catro semanas en Berlín, e en agosto dúas en Liverpool, ambas de monitor. Agora, tres semanas en Casteldermot, por certo a miña primera vez en Irlanda, que ganas teño, din que se parece a Galicia. E para rematar o ano reanudar o camiño Francés dende Burgos onde o deixeí  o ano pasado, esperando poder chegar a Santiago de Compostela, 493 Km en 19 etapas. Unha vivencia única para disfrutar!!!

Vale vale… Un pouco de tranquilidade! Non son tan activo como parece… O meu maior vicio e tomar unha boa sesta. Outro vicio, o cal práctico menos do que desexo son os xogos (é por iso que son un pouco coma un neno grande).

Considero que para aproveitar ao máximo está experiencia é necesario unha boa convivencia (educación e respeto), aínda mais cando imos a vivir nunha poboación puquena onde imos a coincidir moito entre nós. Outro aspecto clave é deixar a vergoña na casa para falar en inglés independentemente do nivel de inglés que cada unha teña.

Nestas tres próximas semanas habrá tempo para todo. Tempo para pasar cás nosas compañeiras e amigas de Vigo, para coñecer as nosas familias anfitrionas, e outro para coñecer ás rapazas e rapaces da nosa idade no centro e porqué non fóra del.

Aproveitade esta experiencia única! E con sentidiño!

E para todo o demáis ahí estareí convosco.

avatar

Marcos Villaverde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *