HEADINGTON, 6&7/10 – Free Sunday & Presentations

Boas noites, Familias!

A semana pasada olvidóusenos comentarvos un acontecemento que tivo lugar no Cheney School.
Acordádesvos que xs que están no St Gregory Ttveron un simulacro de incendios? Pois o martes pasado tocoulle ao grupo do Cheney. A iso das 3 menos cuarto comezou a soar a alarma de incendios e todo o mundo comezou a moverse. Todo o cole foi saíndo pouco a pouco ao patio, concretamente ás pistas de baloncesto, onde tivemos que situarnos onde estaban os carteis que indicaban o ano no que estudamos.
Pasado un tempo, curso por curso e clase por clase, fomos voltando ás nosas aulas e así demos por rematado este simulacro.
Onte, domingo, foi o último día libre dxs nosxs nenxs, e cada un aproveitouno como quixo (dando unha volta, facendo as últimas compras, indo ao Westgate para non variar…)
Hoxe comezamos a última semana en Headington e hai ánimos de tódolos tipos: hai quen quere voltar para durmir na súa cama, hai quen bota en falta a comida da casa, e tamén están os que non querer para nada voltar!
A mañá levouse con normalidade: madrugamos, fomos ao cole, clases, lunch break, máis clases, algunha hora libre…
Unha vez rematadas as clases, e como é xa costume, xs do St Gregory subiron a súa colina favorita para chegar ata o Cheney e así poder facer a actividade.
Hoxe esperábanos Geoff, xa que Juliette estaba enferma, pero a actividade que tiñamos hoxe xa a sabíamos dende a semana pasada: tocou presentar os traballos que estiveron a preparar con Juliette.
Houbo traballos de todo tipo: The Beatles, English desserts, Ed Sheeran, dous sobre a educación, outros dous sobre comidas inglesas, e outro sobre David Beckham.
Unha vez rematadas as presentacións, Geoff fixo varias preguntas para ver se xs rapacxs prestaran atención aos seus compañeirxs.
Resolto o cuestionario tocou voltar á casa para refuxiarnos da chuvia e, por riba de todo, do frío!
E isto foi todo por hoxe!
Biquiños 🙂
avatar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *