Día especial no medio da semana, noite de bailoteo! Por iso esta entrada hoxe vai un pouco máis tarde do habitual 😉
A tarde foi moi diferente a outras, pois fumos directamente para casa xusto ao remataren as clases ás tres. Despois, contra as sete, voltamos á escola onde xa nos agardaban Suzie e Alex (coordinadores locais) con todo preparado.
A aula de teatro transformouse en disco por un día, e alá aparecimos todos e todas xunto cos buddies habituais e aínda algunha que outra máis que non o quería perder:
Alex foi un excelente DJ e animador tirando da súa simpatía habitual. Cáelle xenial a todo o grupo e sempre ameniza calquera xornada. Aquí unha foto do fenómeno, que ben o merece:
Así que imaxinade novamente o panorama: risas, bailes, brincadeiras, máis risas… Foron unhas dúas horas e algo moi ben aproveitadas:
Por volta das nove xa nos comezamos a retirar e é que, claro, neste país onde todo comeza antes e todo acaba antes, as nove pasadas da noite xa é unha hora máis que decente para voltar a casa trás unha festa como esta. Antes, iso si, foto final de grupo:
Aquí os horarios están mellor adaptados ás horas de luz e mesmo nunha noite de “marcha tola” nun sábado todo pecha arredor da unha da mañá como máximo-maximísimo, e entre semana ás once, para que vos fagades unha idea.
Ala, para cama. Boas (e alegres) noites! 🙂
Claro , como van querer volver!!.En fin sei que o están pasando ben, pero tamen os votamos muito de menos.
Dalle porfavor a grazas a Álex e Susi da nosa parte por adicarlles tempo e cariño entre outras cousas ós nosos fill@s . Espero que os rapaces o saiban facer tamen , Ata maña.
Claro! Onte Alex e Suzie dixeron (e non é a primeira vez) “este é o mellor grupo que tivemos nunca, o mellor de todos nos 7 anos que levamos facendo isto”… así que imaxina 😉
E nada, recta final e en nada estamos de volta. Agora toca aproveitar os últimos días! 🙂
Pues aprovecharlo bien! Gracias por las fotos y por el cuidado!
Claro! É un pracer estar con este grupo, non canso de repetilo 🙂