Godalming 09/10 – Disco night

Día especial no medio da semana, noite de bailoteo! Por iso esta entrada hoxe vai un pouco máis tarde do habitual 😉

A tarde foi moi diferente a outras, pois fumos directamente para casa xusto ao remataren as clases ás tres. Despois, contra as sete, voltamos á escola onde xa nos agardaban Suzie e Alex (coordinadores locais) con todo preparado.

A aula de teatro transformouse en disco por un día, e alá aparecimos todos e todas xunto cos buddies habituais e aínda algunha que outra máis que non o quería perder:

Alex foi un excelente DJ e animador tirando da súa simpatía habitual. Cáelle xenial a todo o grupo e sempre ameniza calquera xornada. Aquí unha foto do fenómeno, que ben o merece:

Así que imaxinade novamente o panorama: risas, bailes, brincadeiras, máis risas… Foron unhas dúas horas e algo moi ben aproveitadas:

Por volta das nove xa nos comezamos a retirar e é que, claro, neste país onde todo comeza antes e todo acaba antes, as nove pasadas da noite xa é unha hora máis que decente para voltar a casa trás unha festa como esta. Antes, iso si, foto final de grupo:

Aquí os horarios están mellor adaptados ás horas de luz e mesmo nunha noite de “marcha tola” nun sábado todo pecha arredor da unha da mañá como máximo-maximísimo, e entre semana ás once, para que vos fagades unha idea.

Ala, para cama. Boas (e alegres) noites! 🙂

 

Bailamos, Exeter?

EXETER

Ola Exeter! Bos e novos días! Hoxe as aventuras comezan nas clases aportando todas as nosas sabedorías e axudando aos compañeir@s a aprender español. Pronto van ter exames e seremos de grande axuda. Pasamos moi bos ratos xa que Lisa e Hazel, as profesoras, nos axudan moito.

Marcos e Isabel en clases de Español

Despois de tanto traballar imos facer unha grande exhibición das nosas artes danzarinas.

Dance club_opt

Temos no mesmo colexio un Dance club no que unha gran mestra que nos dá clases.

Dance club 11_opt

Tod@s saímos a pista de baile e a coreografía dásenos de medo! Con música actual somos uns e unhas expert@s e grandes danzaríns! Deixamos o pavillón alto!

Dance club3_opt (1)

Dance club 9_opt

Voltamos para a casa que xa completamos outro día!

Saúdos!