Godalming 04/10 – Debutar no fútbol marcando goles!

Boas!

Esta mañá trocamos o lugar habitual de espera polos buddies, pasando da recepción (demasiado pequena e barulleira) ao salón de actos, e mentres alguns conversaban houbo quen decidiu matar o tempo tocando o piano… Que bonita forma de comezar a xornada! 🙂 Non poño fotos diso porque tristemente saíron todas a contraluz :'(

Despois das clases chegaron novas actividades deportivas en pavillón, que aínda que continua sen chover as nubes non deixan de ameazar. Desta vez dímoslle ao deporte inglés máis famoso no mundo… fútbol! Típico? Depende! porque usamos unhas regras especiais que explicamos ben para igualar equipos e talentos:

Primeiro practicamos un pouco, porque había quen nunca xogara, e despois chegou o partido. E que tiña de especial entón? Que non había foras (máis fácil para continuar o xogo) e só podían marcar as rapazas! Así que todos os rapaces tiñan que xogar para elas facilitando pases 😉

Se ao principio había quen dicía “eu isto non o podo fazeeer”, “eu nunca xoguei a fútboool”, “son fataaal”… ao final houbo quen acabou marcando 2 e 3 goles 😀 (e así o conto xa cambia! haha).

Aquí estamos, por exemplo, ao rematar comentando a experiencia, como sempre entre risas e cun ambiente excelente:

Mañán será outro día e, por aquilo de que trocamos a orde das actividades dun par de tardes, faremos algo máis tranquilo: seguiremos parte do fermosísimo paseo do rio Wey desde a escola ata a pintoresca vila de Godalming propiamente dita. É pequerrecha, pero moi curiosa… xa vededes! 🙂

PD. A escola está no que sería o “concello” de Godalming, pero o que ten máis perto é a aldea de Farncombe, non a “capital”.

avatar

Xoan Paredes

2 pensamientos en “Godalming 04/10 – Debutar no fútbol marcando goles!

  1. Boas noites. ,por deporte que non sea, iso está ben. Entre unas e outras comenza a contra a atras para a volta.. Que dure o sentidiño. Deica maña.

    • Ola! Efectivamente! Hai varias actividades deportivas programadas intercaladas con outras máis culturais (ou “de compras” 😉 ), así teñen un pouco de todo e, creo, non lles dá tempo a aburrir! 😀
      Onte foron unhas risas co fútbol, como sempre, a pesar do “susto” inicial dalgunhas rapazas… Pero houbo quen se inflou a marcar goles! 😉
      No instituto continuan contando maravillas deles/as así que por aí sen problema!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *