FLINTSHIRE 4.10 Patinaxe sobre xeo!

Boas!!

Hoxe disfrutamos dun día de relativo bo tempo, en comparación cos anteriores! Pola mañá seguimos a traballar no noso póster durante as nosas horas libres. Coma sempre, comimos todos xuntos na cantina, e na mesa do lado únense algunhas das compañeiras inglesas para falar con nos!

Pola tarde, despois de clase, collimos o bus todos xuntos e fomos ata Queensferry, onde patinamos sobre xeo! Era unha pista enorme onde había profesionais entrenando e, puidemos ver na mesma pista que tamén é un campo de hockey sobre xeo. Era enorme!

Ao principio todass (eu incluída) patinamos pegados á parede, un pouco inseguras, para poder agarrarnos por se caíamos… pero poucas veces pasou! Descubrimos que Antón se desenvolve bastante ben sobre o xeo! Noa e Pablo sorprendéronnos coa súa velocidade! Paula ao principio iba un pouco desconfiada pero, pouco a pouco, foi alonxándose da parede e patinando con moita axilidade!

Houbo algunhas compañeiras ás que lles costou un pouquiño máis, xa que ou ben nunca se puxeran uns patíns ou, polo menos, nunca sobre xeo! Aínda así, desenvolvéronse bastante ben e todas intentamos axudalos e explicarlles para que puideran aprender e perder o medo, e parece que funcionou! A medida que pasou o tempo foron mellorando! Iso si, deberían seguir practicando en próximas ocasións para non esquecer o aprendido!

En canto me deixe subir as fotos (dame erro) ensinareivos as que puiden tomar do grupo, espero que vexades algo, porque coa velocidade que levaban era difícil pillalos!

 

avatar

Claudia Casado

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *