First days of routine- 13/10 – 15/10

Hello again familias!

Aquí estamos de novo para contarvos como foron estos días de comezo no instituto.

LUNS

Saimos cedo pola mañá para reunirnos na academia The English Experience e así ir xuntxs ata a que sería a nosa parada de bus todos os días. Ana e Alba teñen a sorte de vivir máis preto do instuto e non ter que facer transbordo de bus, saennos directamente alí (a sorte ou a desgracia de non poder vir con todxs xs demáis, que somos majísimas jeje)

Teño que dicirvos que lles queda tan ben o uniforme!! Os rapaces teñen moito máis estilo así e por fin Juan leva pantalóns longos! A primeira vez que o vemos con eles (un completo inglés se me preguntades).

Chegamos ó instituto, que é ENORME, e puidemos coñecer os que serían os seus buddies durante estas semanas. Irían con elxs a todas partes e aulas.

Comezaron a coñecer todas as clases e recunchos do instituto e WOW. Creo que imos precisar moito máis das dúas semanas para facer todo e coñecer a todo o mundo.

Despois do lunch, tivemos que saltarnos a última clase pero foi por unha razón moi importante: coñecer o Lord Mayor de Norwich!

Fomos ata a academia xunto co outro grupo do Pilivigo que está en Norwich e xuntxs coñecimolo. Viña vestido coa roupa oficial e ata levaba unha medalla enorme colgada.

Ó principio foi impactante e non imos mentir, un pouco gracioso, pero rematamos facéndolle preguntas sobre a súa figura e invitándoo a Vigo!

Como a charla rematou cedo tiveron tempo libre antes de ir a casa e algúns deles foron ata a bolera a xogar ó billar. Imaxínade a escena deles xogando ó billar co traxe do uniforme, business men.

 

MARTES

Segundo día de clases e xa entregamos a medalla de chegar tarde. A que non adiviñades a quen? Efectivamente, ás que viven máis preto! Iso é o que pasa cando te confías. Puideron chegar para a tempo para non perder a primeira lección.

 

Foi un día de clases con moito movemento, algún drama por ter que estar sen españois na aula pero moita diversión. Triunfaron xa na escola e todo o mundo coñece ó noso grupiño.

Despois de clases (esta vez si que fixeron o día completo) fomos á academia para xogar a xogos de mesa en inglés (non sen antes parar a coller snacks).

o pack de barras de Twix era do tamaño deles

Probaron moitos xogos pero coma unha boa baralla española non hai nada. Que gracioso velos xogar e picarse todo en inglés. Ademáis Guzmán introduciu unha nova norma: se dis algo en castelán chupas carta. Imaxinade o cristo.

Tamén xogamos ó Hangman con lugares de Londres e Andrés fixo pleno acertando todos rapidísimo.

Puidéronse reunir antes de volver para casa

MÉRCORES

Un novo día de clases e por petición popular aquí temos unha foto de todas as rapazas xuntas na porta do instituto. Que monas!!

Hoxe descubriron o que era ter clase de cociña e están desexando que chegue o próximo día para facer a receita, xa veredes cal é, non vos arruino a sorpresa. Fixeron tamén experimentos en ciencias e Anika probou o té tipicamente inglés (primeira alumna que coñezo á que lle gusta!!)

Este é Mark, é majísimo e sempre nos conta mil historias

Unha vez rematado clases reunímonos con Mark (o noso guía) para ir xogar Rounders ó parque pero como chovía houbo plan alternativo: BOLERA!!

 

 

Que chulo foi! Decidiron xogar con barreiras porque se complicaba a cousa pero o grupo de rapaces foron valientes e xogaron sen elas, menudos cracks.

Aarón conseguiu facer 3 plenos SEN barreiras e Dani fixo semiplenos

A gañadora dun dos grupo de rapazas, conseguiu a friolera de 5 semiplenos

 

Pediron slushies e comida, full experience

ó rematar aproveitaron para xogar outra vez ó billar

E isto foi o día! Xoves outra vez clases, xa sumidas na rutina! Contarémosvos nuns días como imos.

Unha aperta moi grande,  e agardo que esteades tan contentxs coma nós!!!

Bicos de parte de todxs!! ❤️❤️❤️

 

avatar

Lara Alvarez Alvarez

3 pensamientos en “First days of routine- 13/10 – 15/10

  1. Muchas gracias por el trabajo que pasas por hacer el blog. Nos ayuda mucho a ver q están bien y tb gracias por cuidarlos tan bien.
    Un abrazo
    Esther

  2. Un viaje educativo y una experiencia maravillosa.
    Gracias al Colegio Maristas El Pilar y, ¡como no! , al Concello de Vigo por invertir en este tipo de actividades y enseñanza de nuestros chicos.

Responder a Esther Cancelar respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *