Feltham – día da cultura, scavenger hunt e despedida

Bos días familias!

Hoxe foi o “Culture day” na Reach Academy, polo que cada estudante podía doblar o uniforme e vestirse coas prendas que representaran ao seu país e á súa cultura. Qué lástima non sabelo antes, pois pillounos un pouco por sorpresa e non sabiamos moi ben qué levar. Algunhas persoas como Paula levaron camisetas de equipos de fútbol como a do celta ou do barça, Lucas levou a bandeira de Vigo e o resto pintaron a bandeira de España na cara. Poidemos ver a diversidade de culturas que había no cole, pois moita xente levaba traxes típicos de países como a India, Ghana, Arabia Saudí, etc. Outros simplemente, levaban roupa corriente.

Despois disto, pola tarde, tivemos unha actividade chamada Scavenger Hunt en Kingston, que consistía en sacar fotos con distintos elementos dunha lista que eu lles proporcionei. En catro grupos, debían ir pola cidade de Kingston buscando as cousas da lista e sacar unha foto cas mesmas, para logo mandarma. Por exemplo, unha foto cunha parella, nun restaurante, con un obxecto amarelo, etc. O grupo que rematara primeiro sería o gañador. Aquí deixamosvos algunhas imaxes da actividade.

Nunha cabina de teléfono

Facendo a V de Vigo

Nun espello

Cunha estatua

cunha estatua

Con sombreiros

Facendo a V de Vigo

Con cabazas de Halloween

Con algo amarelo

Os gañadores foron o grupo formado por Lucas, Guillermo, Brais e Hugo. Noraboa!

Ao día seguinte era a despedida. A primeira hora da mañá tivemos unha pequena reunión coa encargada Sam, que nos deu as grazas pola nosa estancia e díxonos que fomos un grupo estupendo, e tamén cos compañeiros ingleses. A cada alumno deronlle un certificado, poideron facer fotos e incluso comer tarta! Por desgraza non podemos compartir esas fotos aquí porque o colexio non no lo permitiu.

Despois desta emocionante despedida con algunha que outra lágrima, as clases continuaron con normalidade. Á hora da salida poideron dicirlle adeus aos compañeiros ingleses, aínda que non sería definitivo, pois algúns xa fixeron plans para quedar a semana que vén.

Así pechamos esta primeira etapa, pois na última semana o grupo estará recibindo clases de inglés na Universidade de Kingston, polo que non voltaremos á Reach Academy. O Luns xa vos contaremos como nos foi nas seguintes actividades do fin de semana, o minigolf o sábado e a excursión a Londres o domingo. Vémonos daquela, ata logo 🙂

Aida

avatar

Aida Barros Castro

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *