Feltham – Continuamos coas clases e imos aos bolos!

Good morning everyone!

Esta semana o clima non nos está dando tregua; ademais das baixas temperaturas, está volvendo a choiva. Pero eso non nos impide continuar coa nosa rutina de xeito normal.

Estes días non tivemos moitas actividades, así que pouco vos temos que contar. É difícil facer plans polas tardes posto que non temos demasiadas horas de luz, pero os nosos rapaces apáñanse para quedar polos alrededores do cole ou por Kingston, e non aburrirse. O mércores despois das clases tivemos tarde de bolos na zona de recreativos de Feltham, a uns dez minutos andando dende o colexio, pero que se fixeron eternos baixo a desagradable choiva que nos agardaba fóra.

De novo, o noso guía Zaryab acompañounos ata o lugar e fixemos catro grupos para comezar o xogo. Algúns tiveron mellores resultados ca outros, pero temos que destacar especialmente o talento de Martina, Marcos e Wubeneh.

Logo disto, aproveitaron o tempo para ir rotando entre os distintos xogos que había na sala. Xogaron a todo! Billar, realidade virtual, hockey de aire, etc. Non o contamos, mellor, observádeo vós mesmos.

Martina triste por non conseguir o pulpo de peluche despois de 25 intentos

Paula e Pedro cos seus catrocentos tickets

Wube e Guille nos bolos

Iván nos bolos

     

Dende logo tiveron unha tarde ben entretida. Logo disto algúns marcharon directos para a casa e outros decidiron ir ao Pizza Hut, que estaba de lado, a coller algo de comida.

E iso é todo por agora. Xoves temos día da cultura na Reach Academy e o venres temos a despedida, xa que a semana que vén imos comezar as clases de inglés en Kingston. Xa vos contaremos que tal. Un saúdo a todos e todas, bye!

Aida

avatar

Aida Barros Castro

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *