Feltham – Chegada e primeira excursión a Londres

Bos días familia!!

Despois dunha longa viaxe con case 7 horas de escala de por medio, por fin chegamos ao noso destino. Os nenos e nenas estaban agotados, polo que cada un marchou para as correspondentes casas de acollida coas host families, e así poder descansar e repoñer forzas para o día que se nos viña enriba á mañá seguinte.

O domingo tivemos a primeira excursión a Londres. Establecemos un punto de encontro na estación de Kingston coa nosa monitora guía Pam. Collimos o tren ata Waterloo e logo o metro. Pam fíxonos un tour pola zona, explicándonos curiosidades históricas sobre os monumentos como a historia detrás do London Eye, tradicións ou acontecementos importantes. Estábamos bastante cansados, polo que sentamos nunhas escaleiras a admirar o río Támesis, e alí os nenos e nenas poideron comer algo e hidratarse.

Puxemos rumbo ao metro, pasando pola ponte de Londres, para dirixirnos ao museo británico. Unha vez alí, o grupo puido disfrutar da variedade de obxectos históricos e exposicións de todo tipo. Logo disto collimos o metro de novo para dirixirnos á seguinte parada, o mercado de Camden. Ao ser domingo, temos que admitir que era un pouco caótico, pois estaba arrebatado de xente, mais valeu a pena. En Camdem poidemos atopar tendas de todo tipo e postos de “street food” con variedade de comida e bebida de todas partes do mundo. Tivemos tempo libre para recorrer o mercado e explorar as distintas opcións; os rapaces poideron pasear e curiosear as tendas, e mercar souvenirs e incluso algunha que outra larpeirada.

Finalmente tivemos que rematar a visita, polo que dirixímonos á estación de Camden para o viaxe de volta. Agotados pero moi satisfeitos, despedímonos en Kingston para regresar ás correspondentes casas. Luns xa empezamos as clases, así que toca descansar e pillar forzas. Ata mañá!

avatar

Aida Barros Castro

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *