Fin de semana de visitas. Saída ao pobo e viaxe a Londres!

Boas noites familias!

Que tal a fin de semana? Por aquí fixo bastante calor, non tanto coma en Galicia pero bueno…para ser Inglaterra estanos a tocar un tempazo!

Comezamos o venres con moitas ganas, desta vez en ve, de ir a clase tocou camiñata de sendeirismo con Mr Currie (un dos profes de deportes que por certo é moi riquiño e todos os nenos e nenas o adoran), fomos camiñando por pastos cheos de vacas e máis dun ía preocupado de non manchar os tenis…outras ian perfectamente vestidas para a ocasión, véxase foto:

Unha vez pasadas as vacas chegamos ao río e o atravesamos por unha ponte ata chegar a un pequeno grupo de casiñas moi coquetas onde tivemos tempo para parar e mercar recordos e algo para merendar.

Despois da pit stop, fomos a unha praia CHEA de cantís de todas as cores, onde o profesor nos contou un pouco sobre a historia de Southwold e dun pobliño do redor chamado Dunwich que fai varios séculos era un dos portos máis importantes de toda Inglaterra, contaba con máis dunha decena de igrexas, un mosteiro e 3000 habitantes. Hoxe en día é coñecido como a Atlantis inglesa xa que a erosión do mar e unhas fortes tormentas barreron o pobo e o sepultaron baixo a auga.

Logo duns minutos de tirar pedras ao mar proseguimos a camiñata hacia o colexio. Outra vez tocou pasar polas vacas jajaja.

Unha vez no colexio fomos a comer e tivemos un pequeno descanso.

Pola tarde fomos ao Garden Hall para facer un pouco de escritura creativa. Os rapaces e rapazas estiveron facendo poemas e debuxos sobre o que viron nese paseo matutino, incluso algún animouse a adornar os seus versos con debuxos. Rosalía estaría orgullosa deles ( non a rosalía tra trá).

Unha vez remataron os poemas, Mr Currie propúxolles xogar ao Rugby e como non…todos dixeron que sí!

Tras o Rugby houbo partido oficial. Bueno o de oficial está aínda por ver xa que todo o mundo sabía que había partido salvo o profesor encargado de arbitrar jajajaja. Pero iso non impediu o encontro xa que Gonzalo e Sofía moi amablemente ofrecéronse para arbitrar.

Coma sempre nun partido españa-inglaterra as cousas empezaron a quentarse e ata houbo quen quixo recurrir ao VAR para decidir a validez dun gol.

España gañou a inglaterra 3 a 2!!!!

Despois de cenar tocou unha actividade máis relaxada, sesión de cine. Por que sí, o colexio tamén ten un cine/teatro. Neste caso vimos a primeira película de Harry Potter, en inglés por suposto. Algún non se enteraba de moito e outros facían por non enterarse xa que estaban co teléfono pero bueno, rematamos a película sen ningunha baixa 💤👌.

SÁBADO

Comeza o día de portas abertas. 9 da mañá almorzo e coller enerxías para dalo todo no campo, xa que eles ían a facer distintos deportes mentras os ingleses tiñan clases.

As 12.30 pecháronse as portas e comezou o tempo libre. Os mozos e mozas ducháronse e puxéronse guapos e guapas para baixar ao pobo.

No pobo adicáronse a xogar nas maquinitas, mercar comida, pasear, ver tendas e comprar regalos.

Acordádesvos do partido de onte? Pois ben, o resultado non so foi que gañásemos o partido en sí, tamén gañamos unhas muletas e unha bota ortopédica. Diego tivo un percance no campo que coa euforia non notou ata a noite polo que hoxe en vez de visitar Southwold visitou o hospital de Lowestoft:

As 5.30 voltaron todos ao colexio para cear e tocaca prepararse para o gran día de mañá: LONDON.

DOMINGO

o noso domingo comezou ben cedo, nin máis nin menos que as 6:45 da mañá. Despois dunha sesta grupal no autobús, chegamos a Londres ás 10.30.

Tras baixar do bus dirixímonos a Covent Garden, lugar que sería o punto de encontro tras ter 3 horas libres para visitar os arredores.

A maior parte dele foron a te da de Lego, a de M&Ms, Chinatown, Carnaby street, a praza de Picadillimy Circus, a xoguetería Hamleys onde algunas delas ata se fixeron os seus propios osos de peluche ( palpitalles o corazón e todo!!).

Unha vez nos xuntamos todos, tocou ir camiñando ata o bus turístico de duas plantas descapotable onde por suposto todo fomos arriba e puidemos observar durante 2 horas a beleza das calles desta cidade mentras nos contaban curiosidades polo pinganillo. Big ben, London Eye, palacio de Buckingham….

 

Dun bus tan chulo pasamos ao noso bus, e volta para a escola.

3 horas máis tarde chegamos ao colexio e agardábanos unha sorpresa. Cal creedes que sería a mellor maneira de rematar este día??

Unha mesa CHEA de pizzas!!!

Houbo xente que fixo concurso de comer anacos, o gañador seica comeu 10!! (E non eran pequenos precisamente)

Despois de engulir coma xabalís tocou a cantinela de sempre: pis, pixama, dentes e para cama que as clases non perdoan.

E ata aquí a fin de semana!

Un saúdo e boas noites!

Belén e Lara

 

 

avatar

Belén Cortizo Fontenla

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *