Feltham – 1ª semana completada, volvemos a Londres.

Good morning!

Rematamos a primeira semana de integración na Reach Academy. Despois de varios días de intenso madrugón e un tempo que cada vez se volve máis frío, por fin podemos descansar un pouco e aproveitar a mañán do sábado para durmir un par de horiñas máis.

Pero estes rapaces non paran quietos. Pola tarde, decidiron volver ao campo de fútbol para xogar uns partidos e pasar a tarde, non se cansan!

Á noite tocaba ir durmir pronto, pois ao día seguinte tivemos que levantarnos ben cedo para poñer rumbo ao centro da cidade de Londres de novo. O termómetro marcaba 11 graos e estabámos completamente conxelados, mais tamén con moitas ganas de ver que nos depararía a excursión de hoxe.

Encontrámonos co noso guía Zaryab na estación de Kingston para coller o tren hacia Waterloo, dende onde camiñariamos ata o Big Ben, pasando polo London Eye. O domingo pasado poidemos divisar estes monumentos dende a zona onde iniciamos a primeira excusión, mais desta vez poidemos acercarnos máis a eles e aprecialos en detalle. Ao ser domingo, as calles de Londres estaban repletas de xente dun lado para outro.

Visitamos Westminster Abbey, mentres Zaryab nos ía explicando que a zona onde nos atopábamos era de vital importancia na historia de Londres, pois aquí situábanse edificios do goberno e un gran banco subterráneo. Comentounos tamén a importancia da figura da muller anos atrás nos tempos da guerra, pois mentres os homes debían cumplir co servizo militar, elas sacaban a cidade adiante.

Acto seguido dirixímonos ao Covent Garden, que se trata dunha zona de Londres onde hai diversos sitios para facer compras e comer, situada arredor dunha gran plaza onde está colocado un mercado moi variado e onde tamén se poden observar as entretidas actuacións dos artistas da rúa. Un deles lanzaba coitelos esquivando o corpo dunha persoa do público que se ofrecía voluntaria; outro, era capaz de introducir un globo alongado pola súa gorxa ata o estómago, incríble!

Camiñamos pola Oxford street e tamén pasamos por China Town, a zona de restaurantes con máis afluencia de persoas da cidade.

Os rapaces visitaron diversas tendas famosas como a de Lego, M&Ms ou a de Harry Potter, e poideron realizar as súas compras.

  

Por último, non podía faltar un dos elementos máis característicos da cidade de Londres: o Buckinham Palace. Collimos un autobús ata o lugar pois xa estabamos algo exhaustos de andar de aquí para alá. Zaryab comentounos algunha que outra curiosidade sobre o palacio, e explicounos que cando está colocada a bandeira de UK quere dicir que o rei está ausente, polo que non tivemos o placer de coincidir coa súa maxestade Charles III.

Aquí sacamos esta marabillosa fotografía:

E aquí rematamos a nosa segunda visita á fermosa cidade de Londres. Cheos de frío, regresamos ao punto de encontro, Kingston, onde nos despedimos para volver cada un á súa casa.

Iso foi todo por hoxe, pero seguide atentos, pois o mércores iremos comentando máis cousiñas. Polo de agora, unha forte aperta e vémonos no seguinte blog, ata logo!

Aida

avatar

Aida Barros Castro

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *