Feltham 11-12/10. Integración no cole e tour por Kingston

Bos días a todos e a todas!

Continuamos coas clases e coa integración no cole. Pouco a pouco os nosos rapaces vanse costumando á rutina e á dinámica de traballo do High School, que como poidemos comprobar, non ten nada que ver con España. Estes días, estiveron participando un pouco máis nas leccións, contestando a preguntas e esforzándose un montón para dar o mellor deles mesmos e demostrarlle aos británicos que non lle temos nada que envidiar! Ademais, alégranos saber que están facendo boas migas cos seus compañeiros ingleses.

Pola tarde, quedamos coa nosa guía Noor para dar unha volta por Kingston, e que ela nos ensinara a zona céntrica da cidade; onde ir de compras, tomar algo ou algún que outro sitio para comer ou poder relaxarse. Foinos mostrando o centro comercial The Benthall e o Jonh Lewis, e tamén poidemos observar o Ancient Market de Kingston, un mercado tradicional onde se poden adquirir alimentos frescos como froita, verduras, etc.

Visitamos o paseo situado á beira do río, onde encontramos varios pubs e cafeterías cun ambiente moi agradable, e poidemos disfrutar dunhas marabillosas vistas do Támesis e das pequenas embarcacións que alí se atopaban, así como a boa compañía dos parrulos e cisnes que navegaban tranquilos preto de onde nos atopábamos.

      

Ao día seguinte tíñamos programada unha actividade de baloncesto despois das clases, pero desafortundamente debido á choiva a proveedora decidiu que non era boa idea, así que os rapaces estiveron paseando e pasando tempo xuntos, antes de regresar todos as súas respectivas casas. Como saberedes, aquí anoitece sobre as sete da tarde, polo que os nenos aproveitan o tempo logo do colexio para quedar cos compañeiros, e así non volver á casa demasiado tarde cando xa está escurecendo.

Esperemos que o tempo nos acompañe os próximo días para poder desenvolver as actividades que temos ao aire libre, sobre todo o domingo pois, como xa dixemos, pasaremos o día en Londres, aínda que xa sabemos que o clima de Inglaterra non sempre é o máis agradable.

Vémonos o sábado con máis actualizacións do día a día do grupo, unha aperta a todos e todas, bye!

Aida

avatar

Aida Barros Castro

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *