EPSOM, 17 October – Day 10 – English or Gaelic?

Ufff que rápido se pasou o domingo, ao menos aos monitores xa que foi o único día libre que temos nestas 3 semanas, aínda así sempre dando o mellor de nós. Iso sí aos rapaces culés non se lles pasou tan rápido, unha derrota sempre escoce. Menos mal que cós anos xa pasa a ser secundario isto do fútbol.

Debe de ser por iso que xa estaban organizando para xogar no día de hoxe ao fútbol, PESADOS, SODES MOI PESADOS!!

Menos mal que despois de probar o tradicional Fish & Chips no día de onte, non vemos con cara de besugo ao traballo.

FÚTBOL, xa comezan o día recordando a ________ que leve o balón, pff mal vamos.

Info importante papis e mamis, por se non vos trasladaron esta información os rapaces, ao ter clases na universidade, están divididos en dous grupos feitos por eles mesmos. Temos ao profe MIKE e á profe MAYRA, Bieito e eu non temos claro con quen iríamos a clase.

Pero como estratega a MIKE non hai quen o gañe. Norma a partir de hoxe: “Ao entrar na aula os móbiles enriba da mesa do profesor”, algo tan básico pero revoluciona a calidade de ensinanza, funcionou. Afortunados somos Bieito e eu de que non teña patentado dita estratexia, corre pernas para que te quero, antes de que subisen do descanso: “MAYRA, oes porque non probas esta estratexa”. Estamos pendentes de coñecer o resultado mañá.

Voume deixar de tantos termos futbolísticos e falar da actividade do día, despois de meditar e consensuar cós rapaces, a decisión e acordo foi xogar ao fútbol. Xa sei estou contradecíndome, non?

Primeria parte fútbol gaélico e segunda fútbol do que eles queren, o inglés.

Despois de retrasar o comezo da actividade, onde os rapaces xa aproveitaron para xogar ao fútbol inglés, mentres conseguía un balón de fútbol decente que botase, porque aquí conseguir unha pelota de fútbol gaélico nada de nada. A única diferenza ente unha e outra a grandes rasgos é que a de gaélico é máis pesada.

Vale, cantos coñecen o fútbol gaélico? Seguramente poucos, decírvos que Galicia é unha potencia a nivel europeo, tal como o demostraron os equipos galegos que participaron no PAN-EURO o pasado sábado na Coruña.

O fútbol gaélico procede de Irlanda, 15 vs 15. Poucos coñecían este deporte que se xoga cás mans e pés, no caso de Jaime algunha noción si tiña, pero houbo que refresacar algunha das normas. Mellor deixar a Jaime que corra cá pelota que non se lle dá mal. Para ensinar como se xoga xa estaba eu no día de hoxe, ou intentalo (os rapaces: fútbol, queremos xogar ao fútbol).

Nocións básicas do xogo; para avanzar cá pelota cada catro pases un “solo”  ou “bounce”; os pases “hand or fist pass”, a pelota sae dende a man, ou “kick”; para sumar puntos dúas opcións, GOL (dentro da portería) vale 3 puntos, e TIRO A PAUS (aunque cá mán tamén se pode). A habilidade máis complexa de adquirir é o “crouch lift” levantar a pelota do chán có pé primeiro.

A pesar de verse que o pasaban mellor que có cricket, insistían no fútbol, algo máis dunha hora foi o que fún capaz de retelos entre adquisición de habilidades e partido, moito me pareceu.

Veña a xogar ao fútbol (inglés) Barça – Madrid, o máis salientable foi a fichaxe de 3 rapazas e 2 rapaces de Cobham que estaban polo Fairfield Park. Empate a 0.

Número de veces que utilizo a palabra fútbol: a) 12 b) 14 c)16

Mirade a quen me atopei cando me dirixía a coller o bus, a ver se papá ou mamá recoñece o seu fillo (deixade un comentario para confirmar se pensades que é o voso fillo)

Para mañá a ver se me van mandando algunha foto da casa ou cá súa host family e algunha anécdota ou descripción cá host family. JUAN a dedo, tocouche ser o primeiro, espero que vaia habendo máis voluntarios, senón tamén van a dedo. PAPIS e MAMIS ide metendo presión. Que non son nin bloger nin influencer, pero si un pesado.

avatar

Marcos Villaverde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *