EPSOM, 15 October – Day 8 – (IG) Story of the day: LONDON

O karma sí existe, cando o vernes lles dixemos  “rapaces mañá aquí (estación de tren) ás 8.15 que o tren non espera por ninguén” pois non sabemos que pasou que os rapaces que sempre chegan tarde á university, pumm, mensaxe ás 7.04, “estamos aquí”. E os demáis en casa jajaja. Tamén o digo, non sabemos para que estivemos ás 8.15 cando tardamos unha hora en saír có tren pfff:(.

Pola mañá antes de subir no tren

A viaxe en tren non foi longa uns 25 minutos ata a estación de Waterloo, habelas hainas, as anécdotas, pero reservo para logo a da viaxe de volta, e algunha durante a estancia en Londres tamén.

Por fin!! alguén que non ten un móbil na man

 

Claro claro falta introducir a Fara, a nosa activity leader e guía, os rapaces quedaron encantados con ela (ou non?), directrices concisas. Os rapaces por primeira vez viron o carácter propio dun/ha mestre de escola inglés/a, en resumen, todo aquilo que por desgraza tiñan que estar vivindo no Epsom Glyn e que non puido ser.

As directrices, canto menos se retrasase o grupo en facer a ruta, máis tempo libre disporian.

London Eye (a Noria máis grande de europa no ano 2000), Big Ben e House of Parliament,, Westminster Abbey, Buckingham Palace, Trafagar Square e Leicester Square.

London Eye by Emilio

 

Quedou claro que o sabio do grupo grupo é Mateo Agra, Fara “Do you know…?”, Mateo coa resposta na boca, e dice que non o preparou, non quero saber as notazas que pode sacar estudando.

Despois están os que teñen que soltar adrenalina, carreira de punto A a B, de camiño a Buckingham Palace. 15 minutos de descanso, despois dirección Trafagar Square onde tamén Fara lles comentou por unha pancartas que había no chan que se estaba a producir unha protesta, a nivel mundial, por uns dereitos humans, se lle preguntades aos vosos fillos deberían saber a resposta pero había algún disperso e estou seguro que non se enterou de nada, e é unha magoa porque é un tema de actualidade.

Punto de encontro, Leicester Square, para min punto de referencia en Londres por intereses persoais, aunque os rapaces non tiñan que saber porque, pero a foto de perfil me delata e atoparon a estatua de Charles Chaplin, non estou seguro de que sepan quen é, aunque sexa unha personaxe interxeneracional. O que non todo o mundo sabe é que Charles Chaplin naceu e pasou a súa infancia en Londres, onde comezou no mundo do espectáculo dende ben cativo.

By Juan
“Sé tú , e intenta ser feliz; pero sobre todo sé tú” Charlie Chaplin

En Leicester Square tamén hai máis estatuas en referencia a England: Mary Poppins, Mr. Bean e máis actual a Harry Potter, non sei se sacarían algunha foto con Harry. Sen embargo non sei moi ben porque o logo de McDonalds ten un poder de gran atracción para eles. Menos mal que os monitores somos os adultos e temos un paladar máis refinado.

By Alejandro Eiró

O tempo libre durou unhas 3 horas, tempo máis que insuficiente para ver todo o que hai que ver na zona centro de Londres, moitos barrios, máis tendas (tendas de souvenirs aparte) que cafeterías en España, e mercados. O importante e que vos conten que lugares visitaron, porque o tempo é limitado. Por recomendación miña que fosen a Vigo Street, estou seguro que nin recordan a miña explicación de porque existe esta calle en Londres, e menos de que se acercaran a vela (a min me pasaría o mesmo cá idade deles).

A miña percepción que para estar en Londres a penas vin bolsas con compras, espero que vos leven algún agasallo a casa. Próxima semana de volta a Londres, pero non ao centro de Londres.

Sempre ten que haber algún que incitador no grupo, tranquilo “T” non vou decir o teu nome, En resumen, na viaxe de volta en tren querian o  instagram de Bieto e o meu, non entendo con que fín. Erre que erre, e acabaron encontrando o meu. Resultado hai un Marcos que non son eu con varias solicitudes de seguimento, e despois de varios minutos atoparon realmente o meu, agora me atopo con 27 solicitudes de IG, 23 do meu grupo e 4 doutros grupos. Rapaces tede paciencia… cando teñades 18 anos e vos acordedes do meu nome falamos outra vez da petición, mentras tanto veño para ser influencer pero non en redes sociais. A currar, ser responsables, educados, e como non a pasalo ben con cabeza.

Para todo o demáis, os apercebementos de Bieito;).

A gran pena do día foi que Pablo del Valle non puido participar desta first exerience in London, para a próxima o primeiro.

 

avatar

Marcos Villaverde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *