EPSOM, 13 October – Day 5 – Footbaaaaalllllll

Hampton Court Palace yard

Clases son clases é non hai moito que contar.

Entre a universidade e o punto de encontro có activity leader Saad hai uns 10 – 15 minutos a pé, no día de hoxe fomos ao Royal Home Park, pero debido ao seu tamaño tivemos que coller o bus para chegar ao Hampton Court Palace. Bueno en realidade a actividade non incluia a visita ao propio palacio, entramos pola entrada (a foto) vemos un pouco e a continuación nos diriximos a outro parque cruzando a estrada.

O parque ao que fomos chámase BUSHY PARK o bonito del é que é un espazo natural onde se poden ver cervos. Afortunadamente ou non, Saad deixounos unha pelota de fútbol, o resultado era evidente, futboooool. Boa parte dos rapaces nin fixeron o esforzo de apartar a vista da pelota e ver o que lles rodea.

Menos mal que nos queda un pequeno grupo os cales sí teñen certos intereses máis que balón. A realidade que as tardes dan para todo, o vivo exemplo é que os monitores demos unha voltiña a ver un pouco o parque, os cervos, inclusive un corvo negro (teño unha foto chula, pero…) e máis tarde tamén nos unimos a darlle unhas patadas ao balón. Ei de decir que os rapaces se portaron ben, era o momento de poder facer unha entrada contra nós e non o fixeron (entre eles tampouco) aunque si se respiraba a competividade no aire.

Xa aproveitando que temos un grupo propio de monitores cós rapaces, pedímoslle que nos pasasen unhas fotos para o blog, que para algo é o seu blog, a súa experiencia.

There you go!

By Marcos Giráldez

By Alejandro Eiró, Gabriel – barbershop

By Alejandro Eiró

Para Bieito e para mín, o momento máis esperado e a noite, a cea e a conversación cóa nosa host mum Nita que ademáis de mellorar o inglés nos ameniza coas súas historias. Como xa vos comentei mamis e papis, iremos pedíndolle aos rapaces que vaian pasándonos algo sobre o seu día a día cá host family. Polo que sabemos todos estan felices con eles.

 

avatar

Marcos Villaverde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *