EPSOM, 11 October – Day 4 – Treasure Hunt

Ao final e ao cabo a estancia consiste en coller rutina, pola máñás clases e polas tardes actividades e tempo libre. Adaptarse aos hábitos alimentarios autóctonos, o cal consiste no packed lunch e cea máis forte, tamén o digo espero que vos conten papis e mamis que as ceas sexan para coñecer as súas respectivas familias, e poder soltarse pouco a pouco falando inglés.

Pola tarde coñecemos ao activity leader Saad, quen nos guiou ao centro de Kingston.

*Literalmente no encabezado podería por como destino do grupo KINGSTON porque teñen as clases en Kingston, e as actividades polo momento en Kingston tamén.

A actividade da tarde é Treasure Hunt (búsqueda do tesouro). Non vaiades a pensar que Henry III, deixase moedas tiradas por ahí nas esquinas, que va, o premio algo máis humilde, iso sí xa veredes que os gañadores son xenerosos e comparten cós compañeiros.

  

Os bros están para isto, para axudar a sorrir nas fotos

Ao lío, a actividade consistía en coñecer o centro de Kingston. Para iso en grupos de 3 ou 4 tiñan que ir a localizar varios puntos especificados e responder a unha serie de preguntas.

Para que conste en acta os sitios onde tiñan que buscar as respostas son: Kingston Bridge – 14th century cellar – Market place – Old Saints Church – Memorial Square – Old London Road – Crown Courts of Justice – Country Hall – Clattern Bridge. Por se queredes buscar os puntos en Google mamis e papis.

Os gañadores andiveron xustos con 6 respostas correctas, 1 máis cós segundos, os cales por certo foron 3 equipos (5 puntos).

THE WINNERS

Prize

 

 

 

Espero que os rapaces tamén estén ensinándovos as fotos dos monumentos e sitios novos que están coñecendo, que polo momento a nós na de na. Polo cal tedes que conformarvos cás fotos feitas por Beita, e un servidor.

avatar

Marcos Villaverde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *