EPSOM, 10 October – Day 3 – Where is the tourism officce?

Que pasa cando non coñeces un sitio e tes que estar a unha hora a primeira vez?, pois hai que procurar chegar antes, esa era a consigna dada, chegar o primeiro día ás 8.30 para comezar ás 9. Pois non foi posible o primeiro día pincharon moitos dos rapaces. A razón é que coller o autobus non é igual aqui que en Vigo. A isto é o que se ven rapaces, ademais de aprender un idioma, facer unha inmersión,e a coñecer costumes, nisto consiste o programa. Se o autobús está cheo, non abre e toca esperar ao seguinte, así que máis vale ser previsor. Ou non?

 

 

 

 

 

 

Unha vez chegados todos, dentro da cafetería, separámonos en dous grupos para ir a dúas aulas e facer unha proba de nivel. Mañá rara xa que o horario é curto de 9 a 12, iso sí, isto do packed lunch non todos pillaron que é a comido de mediódía, e é polo cal houbo que ir a comprar algo a maiores, a maioria entrou por primeira vez ao Tesco (supermercado).

Logo fomos a un parque cerca, Fairfield Park, un parque grande con varias porterias. A falta dun balón de fútbol a encargada de amenizar un bo rato foi unha pelota de tenis.. Mentras tanto outra parte do grupo pedíron permiso para cruzar a rúa para ir a outro parque máis peqeuno (rapaces agradécese que pidades esas cousas e non desaparezades polas boas) e con columpios etc.

 

 

 

 

 

 

Bros

Non hai mellor maneira que perder o medo ao inglés, e como, pois en vez de que os monitores leves aos rapaces a un punto, pois lle desafiamos  que fosen eles quenes leven aos monitores a un punto. O reto (“challenge”) era que nos levasen a oficina de turismo sen utilizar Google. Bueno a cousa estivo ahí, os máis atrevidos foron os que tomaron as rendas e ían preguntando pola oficina de turismo. Presa por chegar non había, unha parada “forzada” por un señor facendo freestyle houbo que facer, e logo retomar. Bueno pouco a pouco chegamos a destino, o peor para nós os monitores despois de propoñer a actividade é surprise, surprise… onde tiña que estar a oficina de turismo hay unha axencia inmobiliara. ¡Menudo FAIL!

WHERE IS THE TOURISM OFFICCE MISS?

Gozaron dun rato libre o cal aproveitaron para ir a unha tenda de deportes e andar un rato xuntos. Ei de decir que se pola maña non chegaron puntuais agora de tarde olliño, estaban todos puntuais no punto de encontro (“meeting point”).

Para non arriscar e voltar tarde o primeiro día, a consigna máis importante era coller o bus cedo, e calcular o traxecto e tempo para días sucesivos..

avatar

Marcos Villaverde

2 pensamientos en “EPSOM, 10 October – Day 3 – Where is the tourism officce?

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *